domingo, 27 de decembro de 2009

OS REIS MAGOS VISITAN A PEDRA

As súas maxestades chegaron sobre as 12 do mediodía ao cole de infantil onde recolleron as cartas que con gran ilusión lles entregaron os nenos/as máis cativos/as.
Despois foron visitar a rapazada que os esperaba no cole grande e tras cantarlles algunha panxoliña que todos/as sabíamos, obsequiáronnos con ricas larpeiradas... Que ben sabían!!!


sábado, 26 de decembro de 2009

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos o martes 22 de decembro, último día de cole antes das vacacións de Nadal, celebramos o noso festival con moitas e divertidas actuacións. Os nosos pequenos artistas traballaron moito para que todo saíra ben e por suposto que estiveron fantásticos ! Houbo de todo un pouco, dende representacións teatrais en galego e en inglés, ata interpretacións musicais con todo tipo de instrumentos: frautas, xilófonos, claves, trompetas, clarinetes, arpas, violíns..., pasando por cancións e bailes modernos e... non tan modernos!

Aquí vos deixo unha selección de fotos que ilustran este evento tan especial, espero que as disfrutedes.

domingo, 20 de decembro de 2009

O ALMANAQUE DE PAPIRUS


Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística e co obxectivo de fomentar o uso do galego en toda a comunidade educativa, confeccionamos un almanaque para o 2010. O tema elexido foi:"As viaxes de PAPIRUS" (a mascota da biblioteca). No deseño aparece PAPIRUS no país do mundo que os nenos/as elexiron incluindo símbolos que fan referencia ao lugar escollido. Asemade incluiron indicios meteorolóxicos do mes que deseñaron.
Trátouse dun traballo en cadea, no que cada familia deseñou unha páxina dun mes.
Dentro de cada ciclo os titores seleccionaron os dous mellores debuxos de cada un dos meses.
Preme aquí para ver o resultado final.

sábado, 19 de decembro de 2009

BO NADAL E FELIZ ANO 2010


Dende a biblioteca da Pedra desexámosvos que pasedes unhas vacacións de Nadal estupendas e non esquezades disfrutar, soñar e viaxar coas vosas lecturas

sábado, 12 de decembro de 2009

A BIBLIOTECA ESTÁ DE NORABOA


Acábanos de ser concedido o "Premio Nacional de Buenas Prácticas docentes para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares 2009" Estamos moi contentos por este recoñecemento á nosa labor que nos supón ademáis unha gran motivación para seguir traballando polos libros e a lectura. Dende aquí queremos felicitar aos outros centros galegos tamén premiados na modalidade A (infantil, primaria, educ. especial e epa):o CEIP Frian de Vigo e CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño. Na modalidade B (secundaria, fp e outros...): IES Sanxenxo de Sanxenxo e o IES Catabois de Ferrol.

Hoxe, o Faro de Vigo faise eco desta noticia.

martes, 1 de decembro de 2009

Xoán Babarro gaña o premio Arume


Xoán Babarro escritor e linguista gañou o Premio Arume de poesía infantil convocado pola fundación Xosé Neira Vilas co seu libro de poemas: "A princesa de Tarmundi". Babarro naceu en Maceda (Ourense) en 1947 e forma parte da Real Academia Galega dende o ano 2002. É mestre e lingüista, e despois de varias pezas teatrais, o premio de contos O Facho, no ano 74 abriulle as portas na literatura infantil, onde ten colleitado numerosos éxitos.
O autor, que residiu en Asturias, tamén logrou o mes pasado o premio Pura e Dora Vázquez de narrativa.
Ten publicadas entre outras as seguintes obras de literatura infantil: O dragón de Gondomil (1989); A aldea das catro primaveras (1993); Lobo lobo (2000); Carpametacarpadeduna (2001); Un saquiño de contos (2001); Ten, ten, a miña casa ten (2001); A néboa das escondidas (2001); Polos bigotes do meu gato (2002); Eu voguei por mar de chocolate (2003). En colaboración con Ana María Fernández publicou: As bruxas esdrúxulas (1999), Os xigantes de nunca acabar (1999), Contos do reino Mamoranguá (1999).
Se queres coñecer mellor a Xoán Babarro fai click aquí.