domingo, 24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe é o día dunha das máis importantes e ilustres escritoras da nosa lingua: Rosalía de Castro. Co gallo desta celebración, no cole estivemos traballando un do seus poemas, "Pra Habana", que aparece publicado no libro "Cantares gallegos". Despois realizamos diferentes vídeos no que os alumnos e alumnas o recitan, cantan, rapean..., incluso en linguaxe de signos, con gran paixón e sentimento. Ollade!







O motivo de seleccionar este poema e non outro foi porque a súa temática está relacionada cos Dereitos Humanos, que é o tema do proxecto deste curso. Esta poesía deunos pé para traballar varios dereitos:
* Dereito a un traballo digno (emigración).
* Dereito a circular libremente polo mundo (refuxiados). 
* Dereito á familia.
* Dereito a unha vivenda.
De aí o título da actividade : "ROSALÍANDO DEREITOS"
Noraboa a toda a comunidade escolar por este gran traballo!!!

luns, 18 de febreiro de 2019

CLUB DE LECTURA IES ILLA DE ONS

O pasado venres, o CLUB DE LECTURA do IES Illa de Ons convidou aos alumnos e alumnas de sexto a unha xornada de convivencia, na que compartiron, ademais de lecturas, xogos . Foi fóra do horario escolar, dende a saída  do cole ata as cinco e quarto. Comeron alí.



Despois de xantar, realizaron diferentes xogos na pista. Pasárono xenial!







Logo foron á biblioteca, onde os rapaces e rapazas do club de lectura os agasallaron con dúas lecturas teatralizadas. 





Riron un montón ! Ollade!



  


Foi unha xornada estupenda! Grazas ao club de lectura por convidarnos! Estamos desexando que veñades ao noso Bibliocastelo. Agardámosvos!!

xoves, 14 de febreiro de 2019

VISITA ESPECIAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial! O Bibliocastelo foi o lugar elexido polos Laretas (nenos e nenas de 4º de Educación Infantil) para realizar unha actividade coas persoas do centro de día Contigo. Esta actividade está enmarcada no Proxecto Interxeneracional que están levando a cabo ao longo deste curso. Unha vez ao mes xúntanse, unhas veces no centro de día e outras veces no cole de infantil, para realizar diferentes obradoiros e actividades. Nesta ocasión confeccionaron un colgante con masa endurecible.











Logo, como era o día de San Valentín, fixeron entre todos un mural no que estamparon corazóns.









Foi un gran traballo en equipo do que foi testemuña a nosa querida mascota, Papirus.

Noraboa ás organizadoras desta fermosísima actividade!

martes, 5 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz realizamos unha morea de actividades:
* Mural colaborativo no que participou todo o alumnado do cole, dende Infantil ata sexto. O título foi
"O dereito á Paz está nas nosas mans"
Cada aula estivo traballando que é importante para acadar a Paz. Fixérono con estruturas do traballo cooperativo e resumiron as conclusións ás que chegaron nunha palabra ou nunha frase. A pregunta que se lles formulou foi a seguinte:
"Que está nas nosas mans para acadar a Paz?"
Estas foron as respostas:
Non molestar.
- Estar en familia.
- Quererse.
- Estar tranquilos.
- Abrazarnos para vivir en paz.
- Ser amiguiños todos.
- Estar relaxados.
- Sorrindo.
- Coidar aos demais.
- Comportarse e axudar.
- Preocuparse se alguén está sufrindo.
- Somos distintos pero iguais na nosa convivencia de cada día.
- Mirar ao teu redor que está cheo de bo humor.
- Celebrando todos os días a Paz  e respectando o aspecto físico de cada quen.
- Unha man chea de paciencia.
- Valorando ás persoas que nos rodean e respectando a súa diversidade.
- A conservación da natureza con amor e respecto é un estado de paz entre a Terra e a humanidade.

Logo escribimos todas estas reflexións nunhas mans coas que decoramos o mural. Ollade que chulo quedou!






* Festexamos o día da Paz no ximnasio, por mor da chuvia. Xuntámonos todos e lemos as propostas de paz de cada grupo-clase. Logo presentouse o equipo de mediación "Os cazaconflitos", que nos van axudar a resolver os problemas de convivencia que poidan xurdir. Finalmente, como somos un cole plurilingüe, cantamos  cancións en diferentes linguas (galego, inglés e francés):
"Quérote máis" do grupo O sonoro Maxín, "I see you in me" de Gbenga Adenunga e "Je suis comme toi" de Antsa&Mendrika.










* "Unha viaxe polo Perú". Este foi o título da charla coa que a profe Bea obsequiou aos rapaces e rapazas de terceiro e cuarto. Contoulles que durante dous veráns, nas vacacións, viaxou ao Perú coa ONG  Inti, que en quechua significa sol. Primeiro explicou que é unha ONG e o importante labor que levan a cabo en prol da sociedade.




 Logo amosou diferentes fotos de nenos para comentar as diferenzas: cor da pel, vestimenta...


A continuación comentou en que zonas estivo colaborando e os proxectos nos que participou. Estivo primeiro en Lima e logo en Cuzco. Puso en marcha un Proxecto de Alfabetización, xa que a maioría das mulleres non saben ler nin escribir. Quedamos abraiados cando nos dixo que tan só tiñan un caderno e un lapis. Foi unha charla moi interesante, formativa e enriquecedora. Contou que para ela foi unha experiencia que a marcou moito, xa que che fai valorar todo o que tes. Moitas grazas profe Bea pola túa xenerosidade e por compartir as túas vivenzas con todos nós! Quedámonos con esta frase :
"Para min hai un antes e un despois ao Perú" (Bea)

* Visita pola Paz. Na biblioteca tamén houbo unha charla. Esta vez os afortunados foron os nenos e nenas de primeiro. O papá de Dani de 1ºB veunos contar a súa experiencia no Líbano, un país onde non se respectan os Dereitos Humanos.
Moitísimas grazas por compartila con nós!

               
Se queredes máis información premede na imaxe anterior.

* Xornada de convivencia no IES Johan Carballeira. Os alumnos e alumnas de 6º realizaron unha actividade co alumnado de 1º da ESO do IES Johan Carballeira, titulada "Mulleres premio Nobel da Paz". Unha actividade interesantísima! Premede na seguinte imaxe para saber máis dela.

               
Grazas ao equipo de biblioteca do instituto por convidarnos a participar nesta fermosa actividade!