mércores, 24 de maio de 2023

IMOS XOGAR COS AVOS E AVOAS AOS CENTROS DE DÍA

 Ola amiguiñxs:

 Vouvos poñer ao día coas últimas novas da nosa escola. O alumnado de 6º de infantil achegouse aos CENTROS DE DÍA para presentarlles aos avós e avoas o xogo  cooperativo de cartas tan chulo que fixeron este ano co gallo do noso proxecto "MOITO MÁIS QUE XOGO"

Aquí vos comparto un video que me pasron os trasniños/as para que vexades que dúas xornadas máis entrañables pasaron:

Se quereses saber máis premede AQUÍ

SEMIFINAIS CAMPIONATO DE XADREZ

 Ola amiguiños:

Despois de varias semanas de xogo intenso, xa temos os semifinalistas do campionato de xadrez. Son:

- Andrés Domínguez Meira de 5ºA e Adrián Regueira Loveira de 3ºA  que xogarán a primeira semifinal o vindeiro martes. 

- Luca de Montis Cerqueiro e  Abel Pidre Riobó de 3ºA xogarán  a segunda semifinal o xoves 31 de xuño.

Noraboa aos semifinalistas! Moita sorte a todos!

Biquiños


xoves, 18 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Ola amiguiñxs:

O longo deste mes realizáronse diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Como outros anos realizamos entre todxs un mural colaborativo en torno a figura do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego. 

Decorámolo con caricaturas e con debuxos das portadas dalgunhas das súas obras.
















Tamén se realizou o concurso QUE SABES DE...?, dedicado ao autor homenaxeado. Cada semana había unha pregunta que o alumnado podía contestar, escribindo a resposta nun papel que logo se depositaba nunha furna colocada na entrada do cole. Os martes unha man inocente escollía os gañadorxs comprobando que a resposta fose correcta. Os nomes dos gañadorxs de cada semana expúñanse nun cartel na entrada do cole a espera de recibir o seu agasallo. A entrega de premios realizarase os últimos días de clase.



Ademais nas aulas realizáronse unha morea de actividades para coñecer mellor a Fernández del Riego: lecturas, xogos interactivos... Preme na imaxe para saber máis:

 
 Máis actividades das Letras Galegas nestas ligazóns:

domingo, 7 de maio de 2023

CAMPIONATO DE XADREZ

 Ola amiguiñxs:

Xa temos  xs gañadorxs do campionato de xadrez desta semana e que pasan a seuinte ronda. Son:

Andrés Domínguez, Teo Freire, Unai Rodríguez e Aitor Silva.


Noraboa!!
Biquiños




luns, 1 de maio de 2023

II FESTIVAL ARTÍSTICO SOLIDARIO ART OF CHANGE

 Ola amiguiñxs:

Xa me enterei que esta fin de semana estivestes moi ocupados. O pasado sábado celebrouse o II Festival Artístico Solidario Art of Change organizado polo IES Johan Carballeira e no que participaron todos os centros educativos da nosa vila. Segundo me contaron, participastes neste festival vendendo as manualidades que fixestes coa axuda do profesorado e das vosas familias, cun obradoiro de animais mariños de plastilina e cun recanto de xogos tradicionais (cartas, 3 en raia, pelouros... ), todo feito por vós e relacionado co mar.  

Eu dei unha volta pola carpa e quedei abraiado coas cousas tan bonitas que había. Sodes uns artistas!! Saquei algunhas fotos. Ollade!!











Estivestas traballando arreo durante moitos días, facendo manualidades chulísimas (marcapáxinas, imáns para a neveira, maceteiros, chaveiros con nós mariñeiros, peloros, barallas, tres en raia...). Pero tanto esforzo valeu a pena, xa que das vendas de todas estas manualidades recadáronse unha morea de euros que se donaron as ONGs Save the Children e 13 Grados. Estou moi orgulloso de vós!!

Ademais de postos de venda para recadar cartos tamén houbo outras actividades: concertos, representacións teatrais, obradoiros, Performance, lectura de poemas, conferencias, confección dunha alfombra de flores e doutros materiais...


Neste Festival, ademais de participar todos os centros educativos da contorna, tamén participaron diversos organismos, asociacións, entidades e toda a comunidade educativa de Bueu. Moitísimas grazas a todxs, especialmente ao Concello e ás familias pola súa colaboración!
Foi unha xornada festiva, colaborativa e solidaria fantástica da que se fixo eco o xornal Faro de vigo. Premede na seguinte imaxe para ver máis fotos. 

Eu paseino xenial, espero que vós o pasarades tan ben coma min.
Biquiños