luns, 31 de marzo de 2025

A ROMARÍA DE SAN AMEDIO

 Co gallo do proxecto de Dinamización Lingüística sobre as Romarías que estamos facendo este ano na nosa escola, o alumnado de 5º estivo investigando sobre unha das Romarías que se celebran aínda na zona de Bueu: A Romaría de San Amedio.

Para completar a súa información convidaron ao pai e á avoa de Diego, un alumno de 5ºB que despois de facernos unha presentación moi interesante sobre o tema, deixáronse entrevistar na nosa radio escolar:

 

Moitas grazas pola vosa colaboración Diego e Josefa!!!

domingo, 30 de marzo de 2025

LAGHARTEIRAS "CANTAREIRAS GALEGAS"

 Co gallo do proxecto "IMOS DE ROMARÍA" que estamos a desenvolver este ano no noso cole, cada aula escolleu o nome dunha cantareira galega. A aula de 3ºA elixiu "AS LAGHARTEIRAS" e andiveron investigando sobre elas. Todo o que averiguaron resultou de moito interese pero unha das cousas que máis lles gustou foi que descubriron que participan na canción "OLIVEIRA DOS CEN ANOS" do Celta de Vigo.

 
Tivemos a sorte de que a mamá da nosa compañeira Julia, coñecía a unha das integrantes das Lagharteiras e púxose en contacto con Elas que amablemente nos enviaron este emotivo video.
MOITAS GRAZAS!!!
 
 

sábado, 29 de marzo de 2025

DÍA DO TEATRO - 27 de marzo

 Este xoves, 27 de marzo celebramos o DÍA DO TEATRO por todo o alto cunha xornada chea de actividades variadas e moitas colaboracións importantes.

Comezamos coa representación simultánea do conto DE QUE COR É UN BICO? a cargo de 2 grupos de exalumnos/as da nosa escola e que agora están cursando 3º da ESO no IES Johan Carballeira.

Ao mesmo tempo un terceiro grupo do mesmo curso do IES Johan Carballeira representou a obra teatral LUME.

Continuamos cuns XOGOS PARATEATRAIS que preparon para nós Martiña Villar e Fran Paredes.



Nun dos espazos do noso Bibliocastelo recibimos a Esteban do grupo TÍTERES E CONTOS TARABELOS que nos contou a lenda da COCA de Redondela dun xeito moi divertido.



O noso alumnado de 2º representou a súa obra SACAPENAS noutro espazo da biblioteca ante os seus compañeiros/as doutros niveis. Estiveron fantásticos, uns verdadeiros artistas!!!




E para rematar tivemos diferentes talleres de teatro coa creación de máscaras e chapas conmemorativas deste día.







Ademais. leváronse a cabo dúas actividades fora do noso centro. Por unha banda os nosos nenos/as de 3º de primaria achegáronse ao IES Johan Carballeira onde foron recibidos polo alumnado de 2º dos ciclos de CM Estética e beleza e de FPB Peiteado e estética para unha sesión de maquillaxe.






Por outra banda o alumnado de 4º de primaria, desprazouse ata o IES Illa de Ons para asistir á representación dun fragmento do musical "OS MISERÁBEIS" adaptación propia en galego da obra de Victor Hugo e que están agora mesmo representando en varios eventos culturais.


Foi unha xornada estupenda e moi divertida!!! Gustoume moito estar rodeado de tanto arte e tan bos artistas!!!


mércores, 26 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO

Por mor do proxecto "IMOS DE ROMARÍA", o alumnado do colxio A Pedra participou nun OBRADOIRO DE BAILE GALEGO impartido polo mestre Manolo.

Con el aprendemos varios puntos do baile tradicional, e o picado que nos vai vir moi ben para gozar das foliadas que se celebran nas festas galegas e en especial nas Romarías.