martes, 3 de xuño de 2025

EMPRÉSTITO DE VERÁN

Estamos a piques de rematar este curso e non me gustaría que se vos esqueza de incluír, polo menos, un libro na vosa equipaxe para este verán. 

Aquí vai a miña proposta para estas vacacións, entre baños no mar e xogos cos amigos, agardo teñades oco para viaxar e gozar coa lectura.


SE NON PODES VIR NAS DATAS PROPOSTAS FALA CO TEU TITOR OU TITORA OU ACHÉGATE Á BIBLIOTECA PARA FALAR COAS ENCARGADAS E SOLUCIONALO.



mércores, 21 de maio de 2025

GUÍA LECTURA "QUE SUBA O PANO NA PEDRA"

Co gallo do noso proxecto deste curso "QUE SUBA O PANO NA PEDRA" achegamos a GUÍA DE LECTURA para os amantes do teatro cunha pequena escolma de títulos que agardamos sexan do voso interese. 

Na última páxina, a nosa mascota nos agasalla cunha pequena relación de libros, onde o noso folklore e especialmente as CANTAREIRAS son as protagonistas:



martes, 20 de maio de 2025

ROMARÍA DE SAN AMEDIO

Co gallo do proxecto "IMOS DE ROMARÍA" que estamos a desenvolver este ano no noso centro e tendo en conta que estamos no mes de maio (Letras Galegas), o alumnado de 1º de primaria investigou sobre a ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS de Bueu que se celebra en San Amedio, Bon (Beluso)

Recolleron toda a información que atoparon nunha entrevista que gravaron na nosa radio "A voz da Pedra"

domingo, 18 de maio de 2025

DIA DAS LETRAS GALEGAS NA PEDRA

O venres 16 de maio celebramos no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Ao longo de todo o mes estivemos preparandonos para ese evento levando a cabo diferentes actividades.

Coma cada ano, convocamos o concurso "QUE SABES DE...? nesta ocasión dedicado á figura das CANTAREIRAS. A mecánica é moi sinxela, colocamos unha urna na entrada do cole e unha pregunta sobre as homenaxeadas. O alumnado introduce as súas respostas e entre os acertantes, elíxense os gañadores/as que recibirán un pequeno agasallo ao remate do curso.


Por outra banda, cada aula especializouse na investigación e estudo dunha cantareira ou pandereteira de música tradicional galega, seguindo co proxecto "IMOS DE ROMARÍA". A continuación, todas as clases plasmaron nunha pandeireta de cartolina os datos máis relevantes que quedaron expostas no mural da entrada sobre as LETRAS GALEGAS. 
Finalmente o venres 16 de maio xuntámonos todos no patio do colexio para festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Neste acto houbo varias actividades, primeiro algúns representantes do alumnado saíron por cursos a compartir a información compilada nese mural. Despois o grupo  RETROUSO DE Cela agasallounos con varias pezas das súas cantareiras e pandereteiras. E por último, todos xuntos/as, entoamos o HIMNO GALEGO que xa fora previamente traballado nas aulas polas titoras e coa axuda da mestra de música. Agradecemos tamén á nosa intérprete de signos Rosa, que coma sempre nos agasallou signando o himno en directo mentras o interpretábamos. 

venres, 16 de maio de 2025

GALICIA DE MANUEL MARÍA

 Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o alumnado de 1º atreveuse a recitar o poema de Manuel María "GALICIA". 

PREME NA IMAXE

luns, 12 de maio de 2025

RAQUEL CASTRO NO BIBLIOCASTELO

 O luns 12 de maio o BIBLIOCASTELO acolleu a Raquel Castro autora dos libros de teatro "A formiga fóra do carreiro" e "As terapias da doutora Ledicia"  que o alumnado de 3º de primaria estivo lendo este trimestre.

 

 Raquel fíxonos sentir moi orgullosxs cando nos dixo que nunca vira unha biblioteca escolar tan chula como o noso BIBLIOCASTELO. Despois deixonos que lle fixerámos moitas preguntas e cando sacou a súa maleta, enseguida soubemos que era a da formiga e nos rimos moito con ela.

 

 Despois dramatizamos a historia, Martina fixo o papel da malvada e famenta araña e Berta da inocente formiguiña.


Para rematar, Raquel asinou os nosos exemplares con moito cariño e quedamos moi contentxs.

xoves, 1 de maio de 2025

FELICIA FOFE A TRAVÉS DE LUIS PREGO

Onte 30 de abril,  o alumnado de 2º tivo a fortuna de recibir na súa aula nada menos que a LUIS PREG, un impormtantísimo investigador da música, o baile e a tradición oral da nosa cultura!

Falounos da vida de FELICIA DE FOFE, de como, a pesar de marchar moi nova da súa aldea natal, non deixou atrás as cantigas da súa avoa, nin a cabaza que empregaba como instrumento de precusión.

Tamén nos explicou que eran os SERÁNS, onde e cando se organizaban e do papel das mulleres nestas xuntanzas, xa que eran elas as responsables de limpar e arrombar o punto de encontro (que podía ser mesmo nun cortello...!!!); que, habitualmente, os gaiteiros non ían aos Seráns porque eles cobraban por actuar (mesmo nisto se notaban as desigualdades entre homes e mulleres!); que as coplas eran toda unha forma de comunicación e servían para transmitir calquera mensaxe, que eran distintas unhas doutras...

Falounos das cantareiras homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas: AS PANDERETEIRAS DE MENS, ADOLFINA e ROSA CASÁS e EVA CASTIÑEIRA.

Pero non só iso!!! Tocou unha morea de instrumentos do máis curioso, que non eran outra cousa que utensilios de cociña!!! (dúas culleres, un prato esmaltado, unha botella de anís...) A pobreza agudizaba o enxeño e aquelas mulleres eran quen de facer música cos obxectos máis insospeitadaos!!!

Por último, ensinounos a tocar as pandeiretas que constrúimos con cartóns e chapas de botellas nos obradoiros de Nadal!!! 

FOI INCRIBLE!!! 

APRENDEMOS UNHA MOREA DE COUSAS E PASÁMOLO XENIAL!!! 

MOITAS GRAZAS LUÍS!!!

PREME NA IMAXE



sábado, 26 de abril de 2025

GLORIA SÁNCHEZ NO DÍA DO LIBRO

 Noé e Gato fan teatro

Na semana do 23 de abril, o alumnado de 2º achegouse ao BIBLIOCASTELO para investigar sobre GLORIA SÁNCHEZ e a súa obra xa que é autora dun libro que leron durante o segundo trimestre NOÉ E GATO FAN TEATRO.

Foi un traballo en equipo e tras as pescudas feitas na aula, aprenderon que esta escritora sempre combinou o seu labor de escritora co de mestra de primaria; que é autora dunha morea de libros de poesía, narrativa e teatro;  e que en ocasións declarou que para ela a literatura de tradición oral é fonte de inspiración.

 

 

A continuación, participaron nun xogo de pistas para atopar libros dela nas distintas seccións do noso BIBLIOCASTELO. 

PASÁMOLO XENIAL!!!