Ola amiguiños/as:
Xa están aquí as vacacións e dende o Bibliocastelo queremos animar a todo o alumnado a seguir gozando da lectura. Por iso, poñemos en marcha o EMPRÉSTITO DE LIBROS PARA O VERÁN, unha magnífica oportunidade para descubrir novas historias, viaxar a través dos libros e manter o hábito lector durante os meses de descanso. Toda a información no cartel.
- Busca un momento tranquilo cada día para ler.
- Leva un libro á praia, ao parque ou de viaxe.
- Comparte as túas lecturas coa familia e cos amigos.
- Anota os teus libros favoritos para recomendalos aos compañeiras/os o próximo curso.
UN LIBRO PODE LEVARTE MOI LONXE.
BOAS LECTURAS E FELICES VACACIÓNS!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario