Como todos os anos o martes 22 de decembro, último día de cole antes das vacacións de Nadal, celebramos o noso
festival con moitas e divertidas actuacións. Os nosos pequenos artistas traballaron moito para que todo saíra ben e por suposto que
estiveron fantásticos ! Houbo de todo un pouco, dende
representacións teatrais en galego e en inglés, ata
interpretacións musicais con todo tipo de instrumentos: frautas, xilófonos, claves, trompetas, clarinetes, arpas, violíns..., pasando por
cancións e bailes modernos e... non tan modernos!
Aquí vos deixo unha selección de fotos que ilustran este evento tan especial, espero que as disfrutedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario