sábado, 30 de novembro de 2024

I FEIRA DAS CIENCIAS

Ao longo deste mes de novembro o BIBLIOCASTELO e a nosa escola encheuse de ciencia, tanto nas aulas coma nos corredores. Este curso ademais estamos a participar no proxecto "Rapazas emprendedoras nas TIC" e con tal motivo todo o cole preparou a I FEIRA DAS CIENCIAS con investigacións e experimentos compartidos entre aulas e ciclos.

O alumnado de 5º e 6º preparou unha interesantísima exposición distribuída nunha chea de pequenos postos informativos dedicados a cadansúa muller científica, a súa bibografía e as súas achegas nos máis variados campos da ciencia e da tecnoloxía. Representaron o método científico, as aportacións aos medios de comunicación, a creación de maquetas relacionadas co espazo, as aportacións das mulleres á informática e a enerxia nuclear... Tivemos unha xornada de diversión e concienciación, pois hai moitas máis mulleres na ciencia das que coñecemos.


O alumnado de 1º pescudou sobre a 1ª muller médico de Galicia: OLIMPIA VALENCIA.


O alumnado de 2º investigou sobre dúas mulleres vencelladas á innovación tecnolóxica:
  • Verónica Bolón Canedo, unha carballesa de 40 anos, enxeñeira informática, doutora en intelixencia artificial, docente e investigadora da Universidade da Coruña e membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais; galardoada por moitas institucións e recentemente distinguida co Premio Nacional de Investigación 2024.
  • Ángela Ruiz Robles; mestra, escritora, investigadora e inventora leonesa que viviu entre os anos 1895 e 1975. En 1949 inventou unha enciclopedia mecánica, que se considera a precursora do actual libro electrónico. Ademais publicou máis de 15 libros de temática científica.

O alumnado de 3º preparou no Bibliocastelo unha exposición sobre mulleres científicas, cuxo labor destacou nos diversos ámbitos que abragúian desde a medicina, como o caso de ISABEL ZENDAL; no da oceanografía coma ÁNGELES VILARIÑO; ou no das matemáticas e a astronomía. como ANTONIA FERRÍN MOREIRAS.


Gustouno moito participar neste proxecto e confirmar que A CIENCIA NON TEN XÉNERO e que, malia o noso descoñecemento, foron moitas as mulleres científicas que deixaron unha pegada moi importante na Historia da Ciencia e da Tecnoloxía e que han servirnos de referente a todas as persoas que formamos parte da sociedade.















luns, 11 de novembro de 2024

NOVIDADES LECTORAS NO BIBLIOCASTELO

Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes que o que máis me gusta neste mundo son os libros e para contaxiarvos o gusto pola lectura quere compartir con vós esta presentación coas novidades que veño de adquirir para o Bibliocastelo. Agardo que vos gusten moito!!!


Un saúdo



sábado, 2 de novembro de 2024

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro imos celebrar, como vimos facendo dende hai anos. o MES DA CIENCIA EN GALEGO.  Para iso encheremos o noso espazo científico de aparellos e experimentos. Como nos gusta a ciencia!!!

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos achegan o MANIFESTO de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e que foi Premio Nacional de Investigación no 2023.

Preme no logo e nas ligazóns 

Ademais un folleto con información sobre distintos obradoiros e seminarios que se van levar a cabo durante este mes


Unha recompilación de MATERIAIS DE CIENCIA EN GALEGO e unha páxina moi interesante de PINTEREST con moitos TÍTULOS EN GALEGO

No Bibliocastelo comezamos cunha exposición de libros sobre ciencia en galego que están á vosa disposición.


Nos próximos días iremos sumando todas as vosas experiencias científicas.