Ao longo deste mes de novembro o BIBLIOCASTELO e a nosa escola encheuse de ciencia, tanto nas aulas coma nos corredores. Este curso ademais estamos a participar no proxecto "Rapazas emprendedoras nas TIC" e con tal motivo todo o cole preparou a I FEIRA DAS CIENCIAS con investigacións e experimentos compartidos entre aulas e ciclos.
O alumnado de 5º e 6º preparou unha interesantísima exposición distribuída nunha chea de pequenos postos informativos dedicados a cadansúa muller científica, a súa bibografía e as súas achegas nos máis variados campos da ciencia e da tecnoloxía. Representaron o método científico, as aportacións aos medios de comunicación, a creación de maquetas relacionadas co espazo, as aportacións das mulleres á informática e a enerxia nuclear... Tivemos unha xornada de diversión e concienciación, pois hai moitas máis mulleres na ciencia das que coñecemos.

O alumnado de 1º pescudou sobre a 1ª muller médico de Galicia: OLIMPIA VALENCIA.
- Verónica Bolón Canedo, unha carballesa de 40 anos, enxeñeira informática, doutora en intelixencia artificial, docente e investigadora da Universidade da Coruña e membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais; galardoada por moitas institucións e recentemente distinguida co Premio Nacional de Investigación 2024.
- Ángela Ruiz Robles; mestra, escritora, investigadora e inventora leonesa que viviu entre os anos 1895 e 1975. En 1949 inventou unha enciclopedia mecánica, que se considera a precursora do actual libro electrónico. Ademais publicou máis de 15 libros de temática científica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario