domingo, 18 de maio de 2025

DIA DAS LETRAS GALEGAS NA PEDRA

O venres 16 de maio celebramos no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Ao longo de todo o mes estivemos preparandonos para ese evento levando a cabo diferentes actividades.

Coma cada ano, convocamos o concurso "QUE SABES DE...? nesta ocasión dedicado á figura das CANTAREIRAS. A mecánica é moi sinxela, colocamos unha urna na entrada do cole e unha pregunta sobre as homenaxeadas. O alumnado introduce as súas respostas e entre os acertantes, elíxense os gañadores/as que recibirán un pequeno agasallo ao remate do curso.


Por outra banda, cada aula especializouse na investigación e estudo dunha cantareira ou pandereteira de música tradicional galega, seguindo co proxecto "IMOS DE ROMARÍA". A continuación, todas as clases plasmaron nunha pandeireta de cartolina os datos máis relevantes que quedaron expostas no mural da entrada sobre as LETRAS GALEGAS. 
Finalmente o venres 16 de maio xuntámonos todos no patio do colexio para festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Neste acto houbo varias actividades, primeiro algúns representantes do alumnado saíron por cursos a compartir a información compilada nese mural. Despois o grupo  RETROUSO DE Cela agasallounos con varias pezas das súas cantareiras e pandereteiras. E por último, todos xuntos/as, entoamos o HIMNO GALEGO que xa fora previamente traballado nas aulas polas titoras e coa axuda da mestra de música. Agradecemos tamén á nosa intérprete de signos Rosa, que coma sempre nos agasallou signando o himno en directo mentras o interpretábamos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario