O luns 12 de maio o BIBLIOCASTELO acolleu a Raquel Castro autora dos libros de teatro "A formiga fóra do carreiro" e "As terapias da doutora Ledicia" que o alumnado de 3º de primaria estivo lendo este trimestre.
Raquel fíxonos sentir moi orgullosxs cando nos dixo que nunca vira unha biblioteca escolar tan chula como o noso BIBLIOCASTELO. Despois deixonos que lle fixerámos moitas preguntas e cando sacou a súa maleta, enseguida soubemos que era a da formiga e nos rimos moito con ela.
Despois dramatizamos a historia, Martina fixo o papel da malvada e famenta araña e Berta da inocente formiguiña.
Para rematar, Raquel asinou os nosos exemplares con moito cariño e quedamos moi contentxs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario