Durante o mes de novembro, o alumnado de 3º estivo investigando a Miriam Pena Villanueva, veciña de Bueu que actualmente traballa como enxeñeira informática en Silicon Valley, California, no edificio META.
O último día de clase previo ás vacacións de Nadal, tivemos o pracer de acollela no BIBLIOCASTELO, aproveitando que ía pasar as festas na nosa vila de Bueu
Foi incrible poder coñecela despois de ter investigado tanto sobre ela durante este primeiro trimestre! Chegou ao noso cole acompañada da súa filla, Emma, e nos fixeron unha presentación preciosa.
Faláronnos de como é a paisaxe e o clima en California. Da súa vida en San Francisco. Con que animais conviven (tiburóns, mapaches, mofetas ou esquíos), como é o cole a onde vai Emma, como son os restaurantes ou que hai coches que circulan sen condutor!
Miriam traballa actualmente en Silicon Valley, no edificio Meta pero antes estivo en Exipto, Suecia ou Irlanda. Esta bueuesa leva a nosa vila no corazón e sempre que pode volve de visita.
Emma ensinounos e regalounos o libro que escribiu o seu avó, no que ela é a protagonista.
Nós tamén a agasallamos cun libro para que se enganche á lectura en castelán e galego. E Miriam emocionouse cando lle entregamos a árbore xenealóxica da súa familia, feita por Arturo Sánchez Cidrás.
MOITAS GRAZAS!!!