Que sorte temos de coñecer O MESTRE DOS MESTRES, Arturo Sánchez Cidrás, que desenvolveu a súa faceta profesional educativa como mestre no CEIP A PEDRA durante moitos anos.
Ademais de educador é ben coñecido por ser un gran historiador, investigador, escritor...
O seu último proxecto que está a piques de ser publicado, xurdiu co gallo do 50 aniversario das tres escolas públicas de Bueu (A Pedra, Montemogos e Torre-Cela). Trátase dun riguroso traballo de investigación sobre a escola pública en Bueu dende os seus inicios.
Neste ültimo trimestre tivo a amabilidade de pasar un tempo con todo o alumnado de A Pedra dende infantil ata 6º de primaria, así que non foi pouco o esforzo.
Remontouse ao século XIX e falounos dos tipos de escola, dos primeiros mestres que houbo en Bueu e o pouco que gañaban (30 ou 60 reais ao ano) e de que antes de que existisen A Pedra, Montemogos e Torre-Cela, a vila de Bueu estaba chea de pequenas escolas espalladas. A maioría delas estaban en casas e tiñan as cortes dos animais debaixo e tampouco tiñan aseos polo que tiñan que facer as súas necesidades nas cortes ou ao aire libre.
Contounos que nesa época os nenos e as nenas estaban separados na escola e que non estudaban as mesmas materias. Os rapaces estudaban ciencias e matemáticas e as rapazas linguas e costura. As primeiras mestras de Bueu loitaron moito por cambiar esa situación. Incluso os mestres-homes cobraban máis que as mestras-mulleres. Había escola todos os días, non había vacacións e os domingos ián as persoas adultas. Co tempo empezouse a descansar os xoves.
Nesas datas non tiñan cadernos polo que empregaban pizarras e escribían co pizarrín. Como non había lápices queimaban a punta das varas de madeira e facían carbón para poder escribir.
Un pouco máis adiante, nos pupitres había uns ocos para poñer os tinteiros e facían a tinta con azucre, prantas silvestres, excrecencias dos carballos e escribían con plumas das ocas. Despois fixéronse os plumóns.
Os primeiros libros non tiñan cor nin debuxos e chamábanse enciclopedias porque tiñan todos os temas mesturados e había libros para nenos e outros diferentes para as nenas.
Tamén nos falou da miseria na que se vivía entonces. Ao chegar da escola os rapaces e rapazas tiñan que traballar na casa ou no campo e incluso había nenos/as que non podían ir porque tiñan que axudar na casa. Os rapaces ían á escola mal vestidos e sen zapatos porque non tiñan. Algúns levaban zocos de madeira.
A rapazada de 6º de primaria preparou unha entrevista en a VOZ DA PEDRA:
Non hai palabras para expresar o agradecemento e o honor que supón contar coa súa presenza porque escoitalo foi un verdadeiro pracer!!!