Este é o segundo ano de convocatoria deste concurso de literatura mariñeira organizado pola Confraría de Pescadores San Mariño de Bueu, e como o ano pasado os nenos e nenas dos diferentes ciclos participaron nel con moita ilusión, presentando os seus traballos que podedes ver se premedes aquí.O venres 28 de maio entregáronse os premios na Confraría de Pescadores e ata alí se desprazaron todos e todas as premiados/as.
Do noso cole resultaron gañadores:
Os nenos e nenas de 2ºA que presentaron un conto con audio feito en común por toda a clase e contado por eles mesmos titulado Matilda recibiron o Premio ao traballo máis valorado de Infantíl/1º ciclo primaria:
Se queredes máis información sobre este concurso entrade na páxina de BueuINforma.
Aquí vos deixamos unhas fotos da entrega de premios e da gravación que posteriormente fixeron as cámaras da televisión na nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario