domingo, 6 de abril de 2025

AS PANDERETEIRAS DA MAN DE PATRI

O venres 4 de abril, o alumnado de 3º tivo a sorte de recibir a Patri, fiel defensora da música tradicional galega que dende moi pequerrecha aprendeu a tocar a pandeireta, a cantar e a bailar.

 

A súa avoa, Lela A Cachisa, ensinoulle as cantigas que cantaba na fábrica de Massó, no campo ou na casa e isto marcouna profundamente. Ao igual que fixeran as Lagharteiras, insisitu na importancia de escoitar aos nosos maiores.

Ademais falounos de Loira Bernárdez, "Consuelo de Pardiñas" que é a cantareira escollida pola aula de 3ºB. Consuelo e as súas amigas de Sabarigo en Cela, como non tiñan cartos para ir ao baile de pago, xuntábanse nun cruce de camiños. Facían a roda e mentres ela tocaba a pandeireta, unha parella bailaba no medio. Podían estar así ata altas horas da madrugada. Foi unha das últimas pandereteiras do Morrazo e o seu xeito de tocar é único e está moi valorado polos grupos de cantareiras actuais. Fixéronse recollas por parte do grupo Retrouso de Cela que quedaron rexistradas no disco Eielelos.

O maís divertido foi cando Patri nos cantou e tocou a pandeireta e ainda mellor cando puidemos tocar con ela. Neste video podedes ver o ben que o pasamos:

 
MOITAS GRAZAS PATRI!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario