luns, 14 de abril de 2025

ENTREVISTA FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Co gallo dos nosos proxectos sobre o Teatro e as Romarías, o alumnado de 2º desenvolveu o papel de TITIRITEIRXS; así que deciciron investigar sobre a historia dos TÍTERES, as distintas clases que existen e os festivais nos que xogan un papel protagonista. Foi así como soubemos dun festival moi imprtante que, ademais, se celebra moi preto de aquí, en Redondela; a p apenas media hora de Bueu!

E despois do traballo, o martes 9 de abril tivemos a sorte de poder entrevistar, de xeito on line, a Luis Crespo, director do Festival Intenacional de Títeres de Redondela. 

Luis Crespo é actor, dramaturgo, titiriteiro de corazón e embaixador da súa vila redondelá. É membro da Asociación XENTE TITIRITEIRA e dirixe o FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA, Memorial Juanjo Amoedo; que desde hai 26 anos é todo un referente no mundo dos títeres dentro e fóra de España!

Malia estar xa moi ocupado nestas datas, a pouco máis dun mes da celebración do festival, atendeu a todas as nosas preguntas con gran amabilidade.

Explicounos que a idea inicial foi de Juanjo Amoedo, presidente da Asociación Veciñal de Redondela e tristemente falecido; motivo polo cal, o festival leva os eu nome.

Cada ano, participan compañías procedentes de moitos países, que empregan as máis variadas técnicas e tipos de títeres. Durante unha semana levan a cabo actividades, exposicións e funcións en salas, rúas e prazas de toda a vila; pero so días de maior intensidade coinciden na fin de semana de peche (este ano, os días 12 e 18 de maio) durante os cales toda Redondela é unha explosión de agarabía e felicidade!!!

Na súa organización (que leva a cabo a Asociación Xente Titititeira) colaboran organismos oficiais coma o Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e moitas asociacións e pequenas entidades; así como máis de 150 voluntarixs que, desinteresadamente, participan en labores de todo tipo. Toda a sociedade se implica nesta festa que senten como un símbolo de identidade!

 Antes de despedirnos, representacmos a nosa función de títeres do SACAPENAS. Estabamos moi nervioso porque era unha responsabilidade facelo ante alguén tan immportante!!! A verdade é que foi moi xeneroso e amable e díxonos que lle gustara moit

FOI FANTÁSTICO COÑECELO!!!

MOITAS GRAZAS LUIS!!!

Aquí vos deixamos un pequeno video que recolle esta emotiva xornada.

 

 

O festival na súa XXVI edición terá lugar a semana do 12 ao 18 de maio e se trata dun gran acontecemento:


Dende o Bibliocastelo animámosvos a ir a este festival se tendes oportunidade porque paga pena!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario