domingo, 28 de xuño de 2015

PETROGLIFOS A PEDRA

A semente da arte prendeu este curso en todos os membros da Comunidade escolar. Por iso, a Martín ocorréuselle que a arte rupestre sería a máis axeitado para realzar a entrada do colexio.




A nosa arte rupestre son os petroglifos. Ramón, gran afeccionado, fixo unha selección dos mellores da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Baiona, Oia, O Morrazo Gondomar, Cotobade... 




Fixeron tamén unha selección por temas: animais en distintas escenas, armas, círculos, espirais, cazoletas, labirintos...
Coa axuda da profe Cris e un proxector fixéronse os debuxos nu muro e comezaron a picar e picar...
Despois de moitas horas e moitos martillazos, Ramón e Martín remataron de gravar os petroglifos no muro de formigón. 




O paso seguinte foi remarcalos con pintura máis escura para que se poidesen ver mellor, desta parte encargáronse os nenos enenas de 5º con moito agarimo.





Por último, unhas plaquiñas de cores informando do nome do petroglifo e do lugar onde se atopan e a gozar deles por moito tempo.











sábado, 27 de xuño de 2015

REPRESENTACIÓN: ESPANTALLO AMIGO

O alumnado de 3º representou unha adaptación teatral da novela de Neira Vilas "ESPANTALLO AMIGO". 
Este era un dos libros que formou parte do seu itinerario lector este curso. Ensaiaron durante a hora de valores porque consideraban que iso era o que precisamente lles quería transmitir o autor: valores como a amizade, o compañeirismo, a empatía e sobre todo a xenerosidade.

 

ESCENOGRAFÍA: OS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS DE KANDINSKY

O mércores 17 de xuño o alumnado de primeiro representou no escenario do Centro Social do Mar de Bueu, unha obra de arte: OS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS de Kandinsky.


Á representación asistiron os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria e as familias dos protagonistas que quedaron marabillados coa posta en escea. 
Para os que non puidestes estar compartimos estes dous videos:

MAKING OFF EN IMAXES



ACTUACIÓN COMPLETA:



venres, 26 de xuño de 2015

TEATRO DE MARIONETAS

O alumnado de 4º levou a cabo un pequeno proxecto que comezou coa elaboración das súas propias marionteas:



Foi un traballo de moitas semanas para despois en grupos e de maneira totalmente libre, crear pequenas obras de teatro. E velaquí o resultado:

luns, 15 de xuño de 2015

GUÍA DE LECTURA LerARTE

Guía de lecturas con títulos relacionados coa ARTE. 
Se queres coñecer máis libros relacionados con este tema, visita o noso taboleiro de PINTEREST.

xoves, 4 de xuño de 2015

FINA CASALDERREY NO BIBLIOCASTELO

O mércores 3 de xuño Fina Casalderrey visitou o  Bibliocastelo. 
Falounos da lectura, da forza das palabras e do paso do tempo.
Transformou unha  nena en flor a través dun poema.
E a un neno en río para alimentar a nosa imaxinación con frases literarias e poemas.
Animounos a gozar da lectura e dos libros.
Tamén nos comentou moitas cousas do seu libro QUEN ME QUERE ADOPTAR? que tan ben coñecemos e tanto nos gustou.
Traía un medidor de comportamento musical pero non lle fixo falta porque sacamos a mellor nota.
Leunos varias historias moi interesantes e inventamos con ela un conto.
Para rematar asinou os nosos libros cunha dedicatoria preciosa e diferente para cada un e aproveitamos para ensinarlle os traballos que fixemos sobre o seu libro.

MOITAS GRAZAS FINA POLA TÚA XENEROSIDADE!!!