xoves, 30 de marzo de 2023

UN MISTERIO

 Ola amiguiñxs: 

En primeiro lugar quero desexarvos unhas felices vacacións. Tamén quero comentarvos unha cousiña que me ten moi preocupado. Na praia de Mourisca están aparecendo uns estraños obxectos de plástico. Ollade!


Pedinlles axuda a rapazada de 3º de Primaria. Mandeilles unha carta pedíndolles a súa colaboración. Se queredes saber máis, premede na seguinte carta. 


Mantereivos informadxs dos resultados das pescudas.
Gozade destes días de lecer!

Un biquiño,

venres, 24 de marzo de 2023

21M DÍA DA POESÍA

 Ola amiguiñxs:

Xa vos contei o moito que me gusta a poesía? Pois agora xa o sabedes así que vos propoño unha chea de lecturas en verso e para que sexa máis sinxelo atopalos, preparei unha pequena selección no expositor do Bibliocastelo.

Nestas ligazóns tendes unha escolma de actividades que se fixeron estes días sobre a poesía:

RECITAL DE POESÍA RADIOFÓNICO

ANIMALARIO DE LER A DIARIO 

NO XARDÍN DO POETA

venres, 10 de marzo de 2023

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ola amiguiñxs:

Este ano para celebrar o día internacional da muller, convidaronnos a participar na actividade "XOGANDO SEN XÉNERO! proposta polo Concello de Bueu e que se levou a cabo no pavillón de deportes preto do noso colexio.

 

Previo a esta actividade falamos nas aulas sobre a importancia de conmemorar este día, e repasamos as mulleres que son importantes nas nosas vidas: nais, avoas, mestras... 

Xa no pavillón, aprendemos que os xoguetes son de todos/as e podemos xogar cos que queiramos. Descubrimos xogos tradicionais coma o mikado, os zancos e outros que xa coñeciamos: tres en raia... Tamén gozamos de xogos colaborativos como a corda e o paracaídas e incluso bailamos un pouco de baile galego.

Neste video pódese ver o ben que o pasamos:

O alumnado de infantil deseñou pulseiras especial cunha mensaxe especial para conmemorar este día e agasallaron con sorrisos a algunhas mulleres importantes:

Preme na imaxe