domingo, 29 de novembro de 2020

DÍGOCHO EU!

 Ola amiguiñxs:

Como ides levando o curso? Eu estou moi contento. Hoxe envioume a rapazada de primeiro un vídeo chulísimo. Animados pola presentadora do programa Dígocho Eu da TVG, quixeron facer o seu propio programa ensinando a empregar palabras galegas relacionadas co Samaín, o Magosto e o outono, en xeral. Ademais debuxaron as ilustracións para decorar o fondo, pois a gravación está feita coa técnica croma. Ollade!

 

Encántame! Fixestes un gran traballo! Moitas grazas por compartilo con nós.

Biquiños.



mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

Este ano, por mor da pandemia, non puidemos celebrar esta data tan importante todos xuntos. Cada clase festexouna de diferentes maneiras. Estas foron as actividades que se realizaron: 

- Na Hora de ler, lemos libros sobre igualdade. Despois debate, reflexións e comentarios dos mesmos. Tamén se realizaron pequenos proxectos e diversos traballos.

- Repartimos polas aulas un libro que narra a biografía dunha muller ilustre da nosa vila, Matilde Bares, que nos regalou o Concello.


- Algúns grupos saíron ao patio e fixeron unha pintada no chan.






- Repartimos entre o alumnado unhas máscaras conmemorativas desta data. Foi un agasallo do Concello.


- Tamén fixemos no corredor da biblioteca unha pequeniña exposición cuns carteis que elaborou a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo. Estes carteis viñan na MALETA DOS OCÉANOS DA AXENDA 2030 e forman parte dun conxunto de recursos didácticos  que abordan seis temáticas diferentes e complementarias:
* Educación para a sustentabilidade sen igualdade de xénero?
* O marisqueo a pé, un traballo de mulleres.
* Redeiras, salga e conserva, un traballo de mulleres.
* Investigadoras mariñas saíndo da sombra.
* Océanos en perigo!
* Os óceanos. O Planeta azul.







Se queredes máis información sobre este interesante proxecto, premede na seguinte imaxe!














domingo, 22 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola amiguiñxs: 

Espero que esteades moi ben.

Non parades de experimentar! Hoxe chegoume un vídeo cun experimento que fixo a rapazada de quinto no recuncho de ciencias do Bibliocastelo. Preme na seguinte imaxe para poder velo.


Moitas grazas por compartilo con nós.

Biquiños.




venres, 13 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola amiguiñxs:

Hoxe estou moi contento, xa que me chegaron as vosas primeiras fotos experimentando. Son da rapazada de cuarto, que realizaron un experimento chamado: 

"Como facer fluído non newtoniano"

Menudo nome! A pesar deste nome tan complicado é moi doado de facer e os resultados son incríbeis! Ollade as imaxes!






Moitas grazas polas fotos! Encántame o voso experimento!

No seguinte vídeo explícase como facelo, por se queredes experimentar.


Biquiños.


mércores, 11 de novembro de 2020

UNHA GRAN NOTICIA!

Benqueridxs amiguiñxs:

Hoxe teño que contarvos unha nova moi interesante. Paco Nogueiras vai sacar un novo libro-Cd titulado Extra. E... a que non sabedes quen é o seu ilustrador? Pois, nada máis nin nada menos que o meu amigo Marc Taeger, o que me pintou tan guapo na porta do Bibliocastelo!

Vouvos amosar algunhas das marabillosas imaxes que realizou para ilustrar este fantástico libro. Ollade!




Se queredes ver máis ilustracións e saber máis cousas premede na seguinte imaxe!


Este novo libro de Paco Nogueiras, ilustrado por Marc Taeger e publicado por Kalandraka estará dispoñible a finais deste mes de novembro. Estou desexando velo,  escoitalo e que forme parte da colección que teño no Bibliocastelo.
Parabéns, Marc! Un traballo fantástico!

Biquiños.

  




luns, 2 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola amiguiñxs:

Este mes de novembro celebramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO. Este ano o autor do mesmo é  Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Déixovos o manifesto para que o leades.


No Bibliocastelo tedes unha exposición de libros de ciencia en galego moi interesantes. Achegádevos a velos!
Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia publicáronse unha morea de materiais de ciencia. Premede na seguinte imaxe para velos.


Sei que algúns grupos estades facendo experimentos moi chulos. Agardo impaciente as vosas fotos coas vosas experiencias!

Biquiños.