martes, 23 de marzo de 2021

23 DE MARZO, DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

Hola amiguiñxs:

Hoxe é o Día Meteorolóxico Mundial. O motivo principal para celebrar esta data é crear conciencia entre as persoas e os distintos gobernos do mundo, do papel que ten o coidado e preservación do clima e do medio ambiente para a preservación da vida na Terra. Por outra banda, búscase atopar unha solución ao cambio climático ocorrido nos últimos anos, para deste xeito reducir os riscos dun desastre a nivel global, que poña en perigo á especie humana.

Para conmemoralo fixestes unha morea de actividades. Vouvos amosar algunhas delas que me enviaron os vosos mestres e mestras. A rapazada de terceiro realizou proxectos de investigación sobre meteoroloxía. Estiveron traballando e investigando ao longo de varias semanas. Logo fixeron un libro con todos os traballos e expuxéronos ao resto do alumnado. Ollade!
O broche de ouro deste proxecto foi a realización dun vídeo co formato do programa DÍGOCHO EU. Nel recolleron palabras que se empregan en Bueu e na zona do Morrazo para referirse ao tempo. Está xenial! Ollade!
Noraboa! Un traballo fantástico! Encántame!
O alumnado de segundo recolleu refráns e adiviñas relacionadas coa meteoroloxía. Logo confeccionaron un mural e foron lelos á radio. Escoitade! 
Moi ben, gústame moito! Que ben o facedes!
Tamén a rapazada de quinto fixo un traballo de recompilación de refráns relacionados co tempo. Despois montaron con todos eles un vídeo. Ollade!
Xenial!
Ademais de todos estes traballiños, sei que o tema da meteoroloxía o estades traballando ao longo de todo o curso, xa que formamos parte do programa METEOESCOLAS. Vouvos ensinar algunhas fotos.






Todas as actividades que se realizan para este Programa Meteoescolas recóllense no blog O TEMPO MADE IN BUEU.  Premede na seguinte imaxe para acceder a el!

Noraboa, estades facendo un traballo fantástico!
Ata a próxima! Biquiños.








domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Ola amiguiñxs:

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Bosques para concienciarnos sobre a súa importancia. Os bosques son fundamentais, xa que a sua perda xenera unha gran cantidade de gases que provocan o quecemento global e a perda de biodiversidade. Pero pese aos beneficios ecolóxicos, sociais e económicos que nos dan os bosques, a deforestación continúa a un ritmo sen precedentes. Por iso o lema para este ano é:

" Restauración forestal: un camiño á recuperación e o benestar"

A  restauración e a xestión sostíbel dos bosques axudan a afrontar esta dobre crise: a do clima e a da biodiversidade. Ademais estas actividades xeran bens e servizos necesarios para o Desenvolvemento Sostíbel. O Decenio da ONU sobre a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030) é un chamamento global á protección e recuperación dos ecosistemas. Busca poñer fin a súa degradación e restauralos, para cumprir o obxectivo 15. Ollade o seguinte vídeo!



Sabiades que pasar tempo rodeados de árboes potencia o noso sistema inmunolóxico, reduce a presión arterial e facilita a relaxación? Se queredes saber como os bosques melloran o noso benestar físico e mental, premede na seguinte imaxe!


Xa sabedes, axudade a restaurar os bosques! Plantade árbores!
Biquiños.