venres, 26 de maio de 2017

VISITA DE BENXAMÍN MÍGUEZ

A semana pasada visitou o Bibliocastelo Benxamín Míguez para falarlle ao alumnado de 3º e 4º do libro "La isla de Susú. ¡Silencio, se rueda! de Antonio González Iturbe, da editorial Edebé.
 Este libro estivérono lendo este trimestre, xa que foi o que se propuxo para lingua castelá este curso no segundo ciclo, por estar relacionado co proxecto do cine, que se está desenvolvendo.












Moitas grazas!

xoves, 18 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A ritmo de gaitas, bombo, tambor e pandeiretas celebramos no cole o Día das Letras Galegas.
Os alumnos e alumnas rendiron unha homenaxe a Carlos Casares, escritor ao que se lle dedica este ano esta data tan especial.
Cada curso leu un anaquiño dalgunhas das obras deste ilustre escritor, que traballaron na clase ao longo do curso. Estas foron: "Lolo anda en bicicleta", "A Galiña Azul", "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "O can Rin e o lobo Crispín" e varios libros de "Toribio".













Logo os rapaces e rapazas de  4º, 5º e 6º tocaron coa frauta e cos xilófonos o himno galego, xa que este ano se celebra o 100 aniversario do nacemento do autor da súa letra, Eduardo Pondal.
E como peche, cantámolo todos e todas acompañados do grupo de gaitas Manxadoira.



Rematamos bailando todos unhas muiñeiras ao son das gaitas. Festa rachada!!!


Moitas grazas ao grupo Manxadoira por acompañarnos nesta data tan especial para todos os galegos e galegas, para todos nós!


  

martes, 16 de maio de 2017

CARLOS CASARES

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, no cole leváronse a cabo varias actividades en torno a figura do homenaxeado este ano: Carlos Casares.
Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º gozaron dunha animación á lectura sobre os libros de Casares, que realizou "o Bardo Abelardo" de Consorcio Editorial. Primeiro contoulles un pouquiño a biografía de Carlos Casares e logo cantoulles cancións acompañado polo seu acordeón, relacionadas cos libros de dito autor. 



Cantaron "Lolo anda en bicicleta", "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "A galiña azul", ...
Pasárono xenial, cantaron , bailaron e riron a cachón! Ollade!  






Moitísimas grazas Servando por facernos pasar un momento máxico e marabilloso e por amosarnos e achegarnos a obra de Carlos Casares. Foi un pracer coñecerte!
Despois desta magnífica actuación, os alumnos e alumnas de 2º e 3º foron ao Centro Social do Mar a ver unha representación de "A Galiña azul", que é o libro de Carlos Casares que están traballando na clase. Había tamén alumnado doutros centros da localidade. A escenificación correu a cargo de Ana Carreira e Manu Polo. Esta actividade foi organizada polas Concellarías de Cultura e Infancia do noso Concello, dentro do programa de dinamización lingüística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.


Moitas grazas ao Concello por convidarnos!