martes, 22 de xuño de 2021

DESPEDIDA!!

 Ola amiguiñxs:

Hoxe estou un pouco triste porque é o último día de cole e vou estar bastante tempo sen vervos. Vós tedes que estar contentísimos polas vacacións que hoxe comezan. Quero darvos a noraboa polo ben que o fixestes e o ben que vós comportastes neste curso tan atípico. 

Agora teño que me despedir da rapazada de sexto, pero antes quero felicitalxs polo traballo ben feito. Foron os meus axudantes ao longo de todo o curso. Fixeron que todo resultase máis doado. Moitísimas grazas pola vosa axuda! Botareivos moitísimo de menos!!!



As mestras e mestres do CEIP A Pedra e máis eu desexámosvos un futuro de éxitos e bonanza no que cadaquén de vós atope o seu camiño cara un desenvolvemento pleno. E sobre todo, lembrade que vos queremos!!!  


luns, 21 de xuño de 2021

MONICREQUES

 Ola amiguiñxs!

Hoxe tráiovos unha sorpresa fantástica!! Unha obra de teatro con monicreques que representou o alumnado de 2ºA. Traballaron arreo:

1º- Confeccionaron os seus monstros.

2º- Buscáronlle un nome e decidiron que características e poderes ía ter.

3º- Fixeron un diálogo por parellas, que foi o que representaron.

Unha vez realizado todo o proceso, chegou o mellor : a representación! Estou seguro que estades desexando vela, a que si? Pois imos aló!!! Ollade con atención!

Parabéns ao alumnado de 2ºA!!! Un marabilloso traballo!!! Encántame!!!

Biquiños



domingo, 20 de xuño de 2021

CONTACONTOS "TÍO LOBO"

Ola amiguiñxs:

O outro  día Mariña, Iago, Cata e Daniela estiveron no Bibliocastelo gravando un conto para vós. É Tío Lobo da editorial Kalandraka. Espero que vos guste tanto coma a min. Ollade!!

Moitísimas grazas, facédelo xenial!!!

Biquiños




venres, 18 de xuño de 2021

NOVOS PODCAST

 Ola amiguiñxs:

Hoxe a rapazada de 5ºB estivo na emisora de radio. Gravaron varios podcast. Escoitade con atención!!!

Están xenial!!! Encántanme!!!

Biquiños



martes, 15 de xuño de 2021

EXPOSICIÓN NO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiñxs:

Que tal estades? Ánimo que xa queda moi pouquiño para as vacacións!

Quero convidarvos a unha exposición que está na miña casa, no Bibliocastelo. Son manualidades que fixo a rapazada de segundo con materiais de refugallo. Ata fixeron un Papirus cunha botella de plástico! Ollade!



















Noraboa ao alumnado de 2º. Uns traballos fantásticos!!!

Biquiños




luns, 14 de xuño de 2021

FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI DE BOIRO

Ola amiguñxs!
Estamos de noraboa! O alumnado de 2ºB foi finalista no concurso de curtametraxes do Festival Audiovisual Escolar Olloboi de Boiro, na categoría Peques, co traballo "Dona Landra no Río Revolto". A entrega de premios tivo lugar o pasado sábado no parque da Cachada en Boiro. Déixovos o vídeo da gala. Ollade!!!


Noraboa!!! Un fantástico traballo en equipo!!!

luns, 7 de xuño de 2021

BOOKTRAILERS

 Ola amiguiñxs:

O outro día contábavos que a rapazada de 6º estivera a realizar un obradoiro de booktrailres. Pois ben, xa os teñen listos!! Estades preparados para velos? Ollade con atención!!!

  







Parabéns por este gran traballo!!! Estou moi orgulloso de vós! Vouvos botar moito en falta!!
QUÉROVOS!!!

Biquiños

 

xoves, 3 de xuño de 2021

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

 Ola amiguiñxs:

Vai mañá de tolxs que tivemos hoxe non cole...!!!!

Pero vós vistes á rapazada de 6º, tableta en man, a gravar vídeos como se de auténticxs cineastas se tratase? No Bibliocastelo, na pista de fútbol, nos corredores, no comedor, onda os despachos... por todas partes...!!!

Isto xa parecía A PEDRA BROS STUDOS...!!!

Miña nai...!!! Tiven que preguntar que pasaba, porque non acertaba a comprender que revolución era aquela...!!!

Logo, comentáronme que, en recoñecemento ao labor de Voluntariado de Lectura A que desenvolven estxs mozxs durante os recreos; dende a organización do Programa de Bibliotecas Solidarias, agasalláronnos cunha xornada de formación na que aprenderon a elaborar BOOKTRAILERS para darlles este formato dixital ás recensións que escribiran co gallo do Día Internacional do Libro.

Para aprenderen a crealos e editalos contaron coa axuda de María e de Roi, dous técnicos audiovisuais que lles explicaron o proceso completo de creación, desde a elaboración do STORY BOARD (algo así como o guión cinematográfico), ata a edición de vídeo, fotos e audios que tiveron que gravar para a composición final dos seus TRAILERS DE RECOMENDACIÓNS LITERARIAS!!!

Aquí vos deixo algunhas f otos dalgúns dos momentos da xornada.


















A verdade é que foi unha xeira igual de interesante e divertida que de intensa!!!
Dende aquí quero dar as grazas a BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA por este obradoiro tan estupendo co que nos agasallaron e darlles a noraboa aos meus axudantes por este recoñecemento ao seu labor e polo traballo ben feito que realizaron ao longo de todo o curso. 
NORABOA!!!  Fixemos un gran equipo!!! !!

Moitos biquiños!