mércores, 28 de maio de 2014

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO VISITA O BIBLIOCASTELO

Hoxe tivemos a gran sorte de compartir lecturas e ilustracións con JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Veunos falar do seu libro en banda deseñada: MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA.


Todo o primeiro ciclo coñece  AS VIAXES DE MARCOPOLA,  un cómic cheo de aventuras e personaxes moi divertidos que leron e traballando coas súas mestras, na hora de biblioteca durante este curso.


Algúns tamén leron  o segundo libro. MARCOPOLA E OS PIRATAS DA LÚA...


...e onte coñecemos, en primicia, a DRAGONETA,  unha especie de dragón no que se vai converter a malvada Demoneta. Xa estamos desexando ler esta nova aventura de Marcopola!!!


Contounos moitas cousas do seu traballo que consiste en escribir historias e despois debuxalas. Pero, as veces, tamén fai ilustracións para os libros doutros autores como en "O raposo e a mestra" ou "Un mosquito de nome Henri"

Mentras nos falaba sobre os seus libros, debuxounos algúns personaxes que xa coñecíamos moi ben.


E nos ensinámoslle os traballos que fixemos lendo os seus libros:

Unha ilustración onde aparecen todos os personaxes e a súa descripción

Un gran mural por capítulos, cos debuxos que fixeron os nenos e nenas.

Para rematar a sesión, asinou todos os libros dos rapaces e rapazas, cunha dedicatoria especial e personalizada para cada un.



MOITAS GRAZAS JACOBO!!! 

Para ler máis preme AQUÍ 

luns, 26 de maio de 2014

CONCURSO: QUE SABES DE...XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?

Xa sabemos os nomes dos afortunados gañadores e gañadoras que respostaron á primeira pregunta:


E aquí está a segunda pregunta. 


 Non esquezades participar e moita sorte a todos e todas!!!

sábado, 17 de maio de 2014

CONCURSO: QUE SABES DE...XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?

Xa está en marcha o noso tradicional concurso das LETRAS GALEGAS: 

QUE SABES DE...XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?


Esta é a primeira pregunta que se atopa no mural da entrada do cole:


Non esquezades participar!!! Xa sabedes que é moi sinxelo: so tendes que escribir a vosa resposta nun papel e introducilo na furna que está, diante do mural dedicado a Díaz Castro, na entrada do cole.






mércores, 14 de maio de 2014

CORRELINGUA BUEU 2014

O 13 de maio, a vila de Bueu encheuse de cor e palabras en galego coa celebración do Correlingua.


Baixo o lema: GALEGO, O PASO ADIANTE que fai referencia ao poema PENÉLOPE de Xosé Mª Díaz Castro, quixemos facer fincapé no galego como unha lingua que avanza, que está viva, coa que nos expresamos en calquera momento e lugar.


A marcha comenzou  diante do Concello, percorreu varias rúas da vila para rematar de novo na praza do Concello.



Camiñamos seguindo o ritmo da SAIA DA CAROLINA e da RIANXEIRA...




Ao mesmo tempo, os máis pequeniños de infantil pasabano moi ben xogando nos Obradoiros 



Ao remate da marcha e dos obradoiros fixemos un pequeno descanso para coller folgos.


Varios alumnos e alumnas do IES Rodeira e Johan Carballeira leron un manifesto, elaborado polo alumnado de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. e que resultou gañador na edición 2014 do Concurso de Manifestos, 


A continuación o alumnado do Obradoiro Musicasbarxas do IES As Barxas defenderon o galego a ritmo de rap "A LINGUA QUE TRABA"


E como colofón final a actuación de Pablo Díaz e a súa banda que veu animar coa súa música


MOITAS GRAZAS á organización polo seu traballo que nos permitiu pasar unha xornada marabillosa festexando a nosa lingua!!!

Para ver e saber máis visita estes enlaces:





domingo, 11 de maio de 2014

MÁIS APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Nestes meses de libros e lecturas, seguimos compartindo os nosos contos preferidos cos compañeiros e compañeiras. Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas de segundo ciclo os protagonistas desta fermosa aventura. Premede na imaxe e saberedes máis.




O alumnado de segundo de primaria tamén se desplazou ata o cole de infantil,  levando na súa man, un libro moi especial para eles. Premede na imaxe para descubrilo.

ABRAHAM CARREIRO NO BIBLIOCASTELO

Co gallo do noso proxecto sobre Banda Deseñada, "ENTRE VIÑETAS", hoxe tivemos a gran fortuna de contar co ilustrador Abraham Carreiro na nosa biblioteca.


Os rapaces e rapazas de terceiro de primaria estiveron lendo o seu último libro "ESTUDOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS" 


O libro conta a historia de Nuno e o seu can Marabilla que tras gañar un premio nunha bolsa de patacas sumérxense nunha trepidante e misteriosa viaxe polo descoñecido universo dos debuxos animados.


Abraham non só nos falou do seu libro senón que, baixo a atenta mirada de Papirus, tamén nos debuxou algúns dos seus personaxes extraordinarios .


Nesta imaxe observamos a Nuno e Marabilla no seu patinete e debaixo vemos ao monstruoso Golo e á supernena troglodita Lume co invisible Radón.


Despois os rapaces e rapazas tiveron que facer os seus propios deseños de personaxes fantásticos. Foi moi devertido!!!


Para rematar ensinounos a facer unha animación en movemento, a través dun sinxelo debuxo nun anaco de cartolina e con dúas gomiñas.



Antes de marchar asinou todos os nosos libros.


MOITAS GRAZAS ABRAHAM POLA TÚA VISITA!!!

mércores, 7 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Xa temos no noso blog das LETRAS GALEGAS todos os contos, videos, cancións e demais materiais que nos foron chegando dende varios coles e asociacións, para coñecer e traballar a figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 

PREME NA IMAXE

domingo, 4 de maio de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Os rapaces e rapazas de terceiro de primaria, achegáronse ata o cole de infantil, cargados coas súas mellores lecturas para agasallar aos rapaces de cinco anos.


Foi coma sempre unha experiencia marabillosa, chea de recordos e historias que esperamos repetir a ano que ven. Se queres ver o video preme na imaxe para acceder ao blog dos Trasnos.
PREME NA IMAXE

COMPARTINDO LECTURAS III


Nesta ocasión  no Bibliocastelo estivo a profe Rosa que nos leu a historia dun grilo que non facía nin un ruído  "EL GRILLO SILENCIOSO" 



A profe Goretti tamén nos contou unha historia moi divertida e orixinal "PICURRUCHOS" que narra como Mamá Pimpona quere alimentar aos seus famentos pimponciños  pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos...picurruchos.