sábado, 31 de decembro de 2011

OBRADOIROS NADAL 2011

Como ven sendo habitual o último día de clase celebramos os Obradoiros de Nadal con distintas actividades levadas a cabo polos mestres e mestras especialistas do centro e coa colaboración de algúns PAIS E NAIS do noso alumnado que participaron con dous obradorios plásticos no 1º e no 2º ciclo. Tamén contamos co MAGO RAMÓN que coma sempre deixou a tod@s coa boca aberta cos seus trucos de maxia. Ademais a auxiliar de conversa Laura axudada pola súa curmá Zoe estiveron ao frente dun obradoiro plurilingue no que elaboraron CRACKERS. A todos eles lles damos as grazas pola súa dedicación e sobre todo por facernos pasar un tempo tan divertido.

martes, 20 de decembro de 2011

III CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA MARUSÍA DE BUEU 2011

Vense de celebrar o Concurso de Literatura Mariñeira coa participación dos centros escolares da zona. No noso cole resultamos gañadores co  1º Premio na categoría de Infantil con este precioso traballo dos nenos e nenas de 3 anos titulado "O tiburón Pepón"

No primeiro ciclo tamén obtivemos un 1º premio, esta vez foron os rapaces e rapazas de 2ºA coa súa "Pequena ollada cara o mar de Bueu"



Dentro da categoría de Traballos de investigación sobre o Mar na Ría de Bueu obtivo o 1º Premio unha alumna de 3º B Inés Hermo Sanmartín co seu traballo sobre as "Artes de Pesca" 

Se queredes saber algo máis sobre este concurso podedes acceder á páxina de BUEU INFORMA premendo na imaxe.



NORABOA A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS E BOAS FESTAS DE NADAL .

domingo, 18 de decembro de 2011

COÑECER BUEU DENDE A AULA

Esta semana o alumnado de Infantil e  1º ciclo participou nunha actividade proposta polo Obradoiro de Emprego de Bueu que tiña como principal obxectivo que os nenos e nenas coñeceran o seu pobo, Bueu. 
A través de xogos lúdicos e moi divertidos os rapaces e rapazas confirmáronnos que saben moitas cousas do lugar onde viven. 
Xogando ao twister coñeceron lugares como a Cruz de Ermelo, a Casa do Concello,  os p
Petroglifos de Abelaires...; construiron un cruceiro e un canastro; tiveron que identificar nunhas imaxes,  lugares e cousas típicas de Bueu como O Museo Masso, o Millo Corvo, o Paxaro do mal agoiro ou a Illa de Ons... e tamén clasificaron imaxes do seu pobo en catro grupos: pesca, igrexas, monumentos e natureza. 
Foi unha actividade moi dinámica e divertida como podedes ver nas fotos que atoparedes nos seguintes enlaces:

BLOG DE INFANTIL 3 ANOS

BLOG DE 1º CICLO 

FELICITACIÓN DE NADAL

Con esta postal queremos desexar a todo o noso alumnado e as súas familias o mellor nestas datas e que o Ano Novo lles depare agradables e boas sorpresas.  

sábado, 17 de decembro de 2011

RECREOS DE CONTO

O mércores 7 de decembro Anabel e Marta de 6ºB contáronnos a historia da ovella Catarina, a que lle gustaba ler na súa cadeira favorita o conto dos tres porquiños. Pero un día rompeulle e xa nada lle valía para ler contos: co tallo doíalle a espalda porque non tiña respaldo, o sofá era demasiado cómodo e quedábase durmida e o balancín movíase tanto de diante para atrás que se mareaba.
TROCO é o novo libro de Roberto Castro da editorial OQO.

Moitas grazas rapazas por manternos ao día.

xoves, 15 de decembro de 2011

REFORMAS NO BIBLIOCASTELO

Nas últimas semanas estivemos reformando o corredor do Bibliocastelo coa axuda do Obradoiro de Emprego de Bueu 2011. Eles e elas foron os que deseñaron e traballaron no fermoso decorado que se pode ver nas fotos. Moitas grazas por este impresionante castelo que nos encanta e moi boa sorte a todos e todas. 










CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como en anos anteriores o Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Equipo de Biblioteca e  co Equipo de Tics convocou un concurso de postais e lemas de Nadal entre todo o alumnado do cole. Queremos dar as grazas ás familias que participaron con moito entusiasmo na actividade, presentando unhas postais moi bonitas e dunha gran calidade.  
En breve saberemos cales son as escollidas como gañadoras este ano. O noso xurado non o ten nada doado!!! 
Aquí vos deixo unha escolma pero se queredes velas todas acercádevos a exposición na entrada do cole

FOMENTO DA LECTURA. REMEDIO

sábado, 10 de decembro de 2011

O NOSO BELÉN

Aqui vos deixo unha pequena mostra en fotos do belén que está exposto na entrada do cole. Podedes pasar por alí para velo en vivo e en directo. Paga a pena ver esa obra de arte coa que todos os anos nos deleita Ramón. Dende aquí moitas grazas polo teu tempo e bo facer!!!


10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un  mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un  fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير  (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.

Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

xoves, 8 de decembro de 2011

LER PARA MEDRAR

Dende a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Morrazo elaboráronse unha guías de recomendacións de lecturas para o Nadal. Aquí vos deixo as de Infantil e Primaria para que lle botedes unha ollada. 
BOAS LECTURAS A TODOS E TODAS!!!

martes, 6 de decembro de 2011

UNHA REPORTAXE SOBRE BUEU

Os nenos e nenas de 2º curso elaboraron unha reportaxe para descubrir cousas relacionadas co mar de Bueu. Preme na imaxe para ver o resultado.



luns, 5 de decembro de 2011

VI PREMIO ARUME DE POESÍA




Rafael Villar gañou o VI Premio Arume de Poesía para nen@s que convoca a Fundación Neira Vilas, cun pequeno dicionario pirata "PATENTE DE CORSO".  
Trátase  dunha composición poética con "piratas bos e atractivos... Non son corsarios valentes senón máis ben inxenuos que esquecen cargar os canons".





domingo, 4 de decembro de 2011

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEIS

Á entrega de premios do concurso de carteis sobre "A violencia de xénero" convocado polo concello de Bueu asistiron as tres alumnas do noso cole que resultaron premiadas:

ISAURA FRAMIL DE AMORÍN de 5ºB que recibiu o 1º PREMIO DE PRIMARIA




MARTA NOGUEIRA PASTORIZA de 5ºB e LAURA PÉREZ NORES de 6ºA que recibiron unha MENCIÓN ESPECIAL pola calidade dos seus traballos.








RECREOS DE CONTO

 Este mércores escoitamos da man de Sabela, Veronica e Amanda de 6ºA un dos contos que máis nos gustan da editorial OQO "O PITO CAIRO" 

MOITAS GRAZAS!!!

xoves, 1 de decembro de 2011

III CONGRESO LEER.ES: MOTIVOS PARA LEER

Vense de celebrar en Madrid esta pasada fin de semana (25, 26 e 27 de novembro)  o III Congreso Leer.es. 
Baixo o lema "MOTIVOS PARA LER" tiña como obxectivo favorecer no contexto escolar os valores da lectura e fomentar a autonomía na toma de decisións en relación con que ler e para que.

mércores, 30 de novembro de 2011

FALECE ULISES WENSELL

Onte martes faleceu o ilustrador madrileño Ulises Wensell un dos grandes nomes da literatura infantil española.
Ulises Wensell naceu en Madrid en 1945. Hoxe en día é coñecido en todo o mundo polas súas ilustracións de libros para nenos e nenas. Recibiu varios premios en recoñecemento a súa tarefa como o Premio Nacional de Ilustración de España e o Premio de Crítica de Bolonia.


SE É CULTURA ESTÁ EN CULTURGAL

Baixo este lema arranca esta fin de semana (os días 2, 3 e 4 de decembro) a FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (CULTURGAL) no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Para máis información preme na imaxe.


martes, 29 de novembro de 2011

PREMIO NACIONAL DE LAS LETRAS

José Luis Sampedro, escritor, humanista e economista acaba de recibir o PREMIO NACIONAL DAS LETRAS pola súa traxectoria literaria.
PREME NA IMAXE

NOVO MARCO REFERENCIA PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O "MARCO REFERENCIA PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES " é un documento que foi elaborado no seo da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares da que forman parte representantes do Ministerio e das distintas Comunidades Autónomas que traballan en materia de bibliotecas escolares e lecturas nas respectivas consellerías.

domingo, 27 de novembro de 2011

RECREOS DE CONTO

O mércores 23 de novembro  Desirée e Pedro de 6ºB contáronnos a historia dunha boneca que vivía no faiado dunha fermosa casa. Alí coñece a un gato que non sabía nada da vida, nin sequera sabía xogar.
"A FESTA NO FAIADO" de Mª Victoria Moreno.

xoves, 24 de novembro de 2011

IX CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Non Violencia contra a Muller (25 de novembro), o CIM (Centro de Información de Mulleres) do concello de Bueu convoca todos os anos un concurso de Carteis sobre " A violencia de Xénero". Nel participa o noso alumnado de 3º ciclo cos seus debuxos e lemas. Trátase de sensibilizar aos rapaces e rapazas para previr e erradicar comportamentos violentos e desigualdades contra as mulleres.



mércores, 23 de novembro de 2011

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL

Escolma de recursos para traballar nas aulas:   unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, contos, modelos de cartas para enviar aos Reis Magos...


PREME NA IMAXE

martes, 22 de novembro de 2011

RECREOS DE CONTO

Esta semana comenzamos coas sesións de contacontos dos nenos e nenas de 6º (axudantes da biblioteca) e que se van celebrar todos os mércores na biblioteca durante o recreo.


Nesta primeira ocasión foron Lara e Laura de 6ºA as encargadas de lernos o conto "CORRE, CORRE CABACIÑA"

RECURSOS DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o Ceip Victor Saez chéganos esta recompilación de recursos para traballar o Día da Non Violencia

domingo, 20 de novembro de 2011

VIDEO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Este video foi rodado nalgunhas bibliotecas pertencentes ao PLAMBE de diferentes puntos de Galicia e presentado no Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito. Son un bo exemplo do traballo que se está a realizar nas bibes galegas.

domingo, 13 de novembro de 2011

CONGRESO BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO (BET)

Vimos de celebrar os días 10, 11 e 12 de novembro no Pazo da Cultura e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o Congreso “ Bibliotecas Escolares en Tránsito”.
Preme na imaxe para acceder á convocatoria

Foi un tempo de aprendizaxe compartido con moitos compañeiros e compañeiras doutros centros: galegos, cataláns, andaluces, madrileños, estremeños, ceutís, … e que traspasou as fronteiras do noso país coa presenza de Constanza Mekis (Coordinadora de Bibliotecas Escolares no Ministerio de Educación de Chile) e da francesa Michèle Petit (Antropóloga e estudosa do mundo da lectura).
Punto de lectura habilitado no Pazo de Congresos

Pazo de Congresos e Exposicións

Inauguraron o Congreso  o Conselleiro e o Ministro de Educación xunto con outras personalidades. Houbo mesas de debate, conferencias e experiencias simultáneas de centros educativos de Galicia, Cidade Real, Logroño, Cáceres, Teruel, Barcelona, Melilla e Murcia.
Rosa Piquín, Puerto Menéndez e Juana Vázquez

Pilar Sampedro e Victor Freixanes

Jaume Carbonell, Carmen Campos e José Antonio Cordón

Todas as ponencias foron transmitidas en directo a través de internet e pódense ver neste enlace os materiais das mesmas.
Preme na imaxe

Dende aquí quero agradecer á organización do evento o gran traballo realizado para acoller a tanta xente e en especial ás asesoras de bibliotecas escolares Pilar Sampedro e Cristina Novoa. 


domingo, 6 de novembro de 2011

APÓCEMA MÁXICA

Sabedes cales son os ingredientes que empregan as bruxas para facer as súas pocións máxicas polo Samaín? 
Pois os nosos alumnos e alumnas si que o saben..... 



Nestes enlaces poderedes ver máis traballos e fotos:

luns, 31 de outubro de 2011

EXPOSICIÓNS DE CABAZAS

Durante esta semana estiveron expostas, na entrada do cole, as cabazas que trouxeron os nosos nenos e nenas. Que grandes artistas son! Todos os anos nos sorprenden coa súa creatividade e co seu enxeño! Se non tivestes oportunidade de admiralas en vivo e en directo aquí vos deixo unha pequena mostra.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free picture slideshow by Smilebox