domingo, 21 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

 Abril é un mes moi especial para a lectura e os libros. O 2 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL

Sobre as alas, os contos viaxan.

Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Preme na imaxe para ler o texto completo

E non queda todo aquí, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e me gustaría celebralo amosándovos este video que fun facendo con imaxes que reflicten o día a día do meu querido BIBLIOCASTELO. Agardo que vos guste:



mércores, 10 de abril de 2024

VISITA DE ANXO IGLESIAS

 O martes 8 de abril achegouse ao Bibliocastelo o autor ANXO IGLESIAS que ademais é profesor de Educación Física e forma parte do grupo de música infantil A banda dos cueiros.

Veu falar co alumnado de 5º de primaria do seu libro de poesía UNHA NOVA DIMENSIÓN que foi Premio Merlín en 2022. Trátase dun libro de poemas moi inxenioso artellado a partir do concepto xeométrico de dimensión, cunha gran dose lúdica e imaxinativa. 

Foi unha sesión moi divertida e animada onde rapeamos poemas e recitamos un abecegrama.
Explicounos como escribía os seus poemas e que aínda que ten moitos escritos, este é o único que ten publicado polo de agora.
GRAZAS ANXO!!! A TÚA POESÍA FOI UN FANTÁSTICO DESCUBRIMENTO!!!

venres, 5 de abril de 2024

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 Esta semana tivemos a sorte de contar con Andrea Maceiras, escritora e profesora coruñesa. 

A rapazada de 5ª estivo lendo o seu libro "A folla azul" que conta a historia de Husu Aké filla da Terra e membro da tribo dos Tacaré. Trátase dunha tribo indíxena que vive oculta no corazón da selva na Amazonia.


A partir das preguntas que o alumnado levaba preparadas, foinos contando moitas cousas sobre este libro.

Tamén lle ensinaron os debuxos e textos que fixeran a partir do que máis lles gustou do libro.

Antes de marchar asinou os exemplares dos rapaces/zas con moito cariño.


MOITAS GRAZAS ANDREA!!! AGARDAMOS QUE VOLVAS PRONTO!!!