martes, 31 de outubro de 2023

CONTOS PARA NON DURMIR

 Ola amiguiños/as:

Chegou o Samaín, o tempo de bruxas e demos por iso a biblioteca se transformou nun castelo encantado con lecturas apropiadas.

O martes 31 de outubro o alumnado de 5º e 6º levou a cabo un obradoiro que se chamou:

Representaron algúns dos libros do noso Bibliocastelo: 



E algúns e algunhas ata se atreveron a crear o seu propio conto de medo e escenificalo diante dos compañeiros/as:






venres, 27 de outubro de 2023

COMPARTINDO LECTURAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiñxs:

Estou moi contento porque nesta semana viñestes celebrar comigo o 24 de outubro. Que ledicia tervos no Bibliocastelo compartindo lecturas!!!

Preme para ver o video

Xa sei que non puidestes vir todos por mor da chuvia pero aínda estades a tempo de facelo.

Preme para ver o video

Sorteando o mal tempo, o alumnado de 5º desprazouse ata o edificio de infantil e compartiu momentos inesquecibles cos máis pequenos do cole.




O alumnado de 6º tamén visitou aos compañeiros/as de infantil en canto o tempo o permitiu 

Gustáronvos os marcápaxinas que vos enviei? A min encántame como os decorastes e agora agardo que vos sirvan para non perder as páxinas dos vosos libros preferidos.


Para rematar, vos deixo aquí as ligazóns aos blogs de aula para que vexades como viviron esta celebración noutras clases:

PELOUROS

FURABOLOS

2º PRIMARIA

4º PRIMARIA


luns, 23 de outubro de 2023

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Benqueridos amiguiños e amiguiñas, achégase unha data moi importante para o noso Bibliocastelo e para min.

Maña martes 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O lema deste ano é "Tecendo Comunidades", que pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas escolares na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades, como espazos para ler, aprender, descubrir e convivir. 

Preme no cartel para saber máis.

No Bibliocastelo celebramos ademais outro evento importante O MEU ANIVERSARIO. Un grupo das miñas axudantes prepararon un video moi chulo para convidarvos a celebrar comigo este día e para presentarvos o noso proxecto anual: AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS. 
Agardamos que vos guste. Moitas grazas rapazas, estades fantásticas!!!


Xa me contaredes como foron os APADRIÑAMENTOS LECTORES!!!



domingo, 22 de outubro de 2023

16 OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO)

Conmemórase dende 2016, o luns máis cercano ao 15 de outubro e busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Exposición no Bibliocastelo

Este ano homenaxéase a MARTA SANZ e o tema escollido é "O pracer, a alegría e a risa das mulleres"

Traballo de aula
Traballo de aula

O alumnado de 5º organizou varias sesións de lectura en voz alta dos libros das súas escritoras galegas preferidas:





Os distintos grupos e niveis aproveitaron para facer formación de usuarios na biblioteca cos libros da nosa exposición: 




Por último o alumnado decorou e ilustrou marcapáxinas personalizados para a ocasión:



MOI BO TRABALLO AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!


venres, 6 de outubro de 2023

CORRE CORRE, CABACIÑA

O xoves 5 de outubro, inauguramos os RECREOS DE CONTO coa representación do conto de Eva Mejuto "CORRE CORRE, CABACIÑA" que tan ben coñecemos e tanto nos agrada.


A dramatización estivo a cargo das miñas queridas axudantes de 6º: Carmen, Andrea, Elisa, Candela R, Saray, e Carlota. Aquí vos deixo algunhas fotos do evento:




MOI BO TRABALLO RAPAZAS, NORABOA!!!


martes, 3 de outubro de 2023

VISITA AO FIC 2023

Como todos os anos, estamos convidados a asistir á representación de curtas, adaptadas segundo as idades, no Centro Social do Mar de Bueu e organizada polo FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

PELOUROS

FURABOLOS

LARETAS

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

4º PRIMARIA

6º PRIMARIA



luns, 2 de outubro de 2023

XA ESTAMOS DE VOLTA

 Ola amiguiñxs, 

Este luns, 2 de outubro, comezamos unha nova andaina no Bibliocastelo que vai estar chea de novas aventuras lectoras e deportivas.

 Cantos vos botei en falta!!!

Encantame tervos de volta, enchendo todos os espazos da miña casa e gozando cos meus libros preferidos.





Tamén quero dar a BENVIDA aos meus NOVOS/AS AXUDANTES, sempre atentos/as e con moitas ganas de colaborar.