martes, 30 de novembro de 2010

MEDRANDO EN VALORES

Comenzamos aquí unha nova viaxe tratando de compartir experiencias, expectativas e necesidades co noso alumnado e as súas familias.
Con este proxecto que arranca agora queremos mellorar a convivencia escolar e familiar camiñando cara unha igualdade de dereitos e oportunidades.
Baixo o lema "MEDRANDO EN VALORES" pretendemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como o respeto, a tolerancia, o esforzo, a honestidade, a solidariedade, a igualdade e a cooperación.
Sabemos que a familia é o primeiro nucleo de socialización do individuo e o primeiro transmisor de valores. Por esa razón lle daremos participación a través das "carpetas de valores" que chegarán as casas nesta semana con información, recomendacións e algunha tarefa para realizar toda a familia.
Se premes no cartel que elaboramos para este proxecto, accederás ao noso mundo especial de valores. Nel irán aparecendo todas as actividades que faremos ao longo de todo o curso. Tamén podes acceder a través da páxina web do centro ou no enlace que hai no lateral deste blog.


venres, 26 de novembro de 2010

ANA MARÍA MATUTE PREMIO CERVANTES 2010

A escritora catalana Ana María Matute foi galardonada co Premio Cervantes 2010, unha merecida distinción a súa carreira literaria.


Membro da Real Academia Española, donde ocupa o asento K, é autora de casi unha veintena de novelas e outros tantos relatos e contos.


Se queres máis información sobre esta escritora preme na imaxe.

luns, 22 de novembro de 2010

RECREOS DE CONTO

Miguel, Andrés e Pablo de 6ºA foron os encargados a semana pasada de contar a fermosa historia do HOMIÑO DE MAZAPÁN durante o recreo na nosa biblioteca.

sábado, 13 de novembro de 2010

TEMPO DE CASTAÑAS

A pesar da choiva o xoves 11 celebramos o Magosto. Despois do recreo a directora entregou os premios aos gañadores do concurso de conxuros e felicitou a todo o alumnado polo excelente traballo realizado.
Despois quedamos no patio, enchemos os nosos cucuruchos, que xa traíamos preparados, e todos xuntos comemos as castañas.
Que boas estaban!!!



COÑECENDO OS COGOMELOS

Este outono estamos a celebrar unhas xornadas micolóxicas no cole e seguindo coas actividades programadas para os distintos ciclos e niveis. Onte, venres, tivemos a sorte de contar con Xabier, pai de Icía, unha nena de 3º, que é un gran afeccionado AOS COGOMELOS .

Ensinounos moitas cousas así que vou facer un resumo da súa charla, que foi moi interesante.
Falounos de cogomelos velenosos como a AMANITA MUSCARIA tamén chamada "Escornabois" porque di que volve tolas as vacas cando a comen. A AMANITA PANTHERINA e a AMANITA PHALLOIDES todas moi velenosas e mortais. Non debemos nin achegar a nosa boca a elas porque teñen 32 sustancias nocivas que producen un efecto fatal sobre o figado.











As INOCYBES son outros cogomelos velenosos e moi perigosos. Cando as comes parece que non fan dano pero se se toman bebidas alcohólicas nas 48 horas anteriores ou posteriores, ou se comes moitas, pouco a pouco as súas sustancias van pasando ao sangue e afectando aos riles, ocasionando a morte.


Tamén nos falou de cogomelos comestibles, como unha Amanita moi parecida a Muscaria, chamada RUBESCENS ou CAESARIS porque era a comida dos Césares da Antiga Roma. En castelán é coñecida como "HUEVO DEL REY" porque é tan deliciosa que era un privilexio só reservado aos reis. Nacen preto dos carballos. Son moi caras e moi apreciadas. En Extremadura as cocen nunha cazola de barro con pemento, cebola e porro.


A MACROLEPIOTA PROCER ou ZARROTE e un cogomelo enorme que ten unha curiosidade no seu anel, que é a movilidade. Cando nacen e ainda están pechadas chámanse MONXES, pola súa forma e aínda son máis apreciadas. Nacen a montóns na zona de Lugo (Melide, Sarria, Lalín...) Para preparalas, a avoa de Xabier quitáballes a pel que tiñan encima porque se non amarga un pouco e despois de cortalas en anacos pequenos, embadurnaba a cociña de ferro con graxa de porco para fritilas, condimentadas cun pouco de sal fina. Tamén se poden fritir nunha tixola con aceite e sal.



Antes de rematar a súa exposición micolóxica dounos unha RECOMENDACIÓNS MOI IMPORTANTES:

  1. Se non coñecedes os cogomelos non debedes collelos e moito menos probalos, son moi perigosos e algúns mortais.
  2. Sempre hai que ir recoller cogomelos con alguén que os coñeza.
  3. Debemos protexelos, non pisalos nin collelos porque se non desaparecen e nese lugar non nace outro.

mércores, 10 de novembro de 2010

RECREOS DE CONTO

Esta semana Marcos e Dani de 6º B contaron un conto moi especial e apropiado para as datas nas que estamos

"UNHA PANTASMA CON ASMA".

Moitas grazas rapaces!!!

luns, 1 de novembro de 2010

LIBROS E XOGOS DE PRODUCCIÓN PROPIA

Todos os anos, alá polo mes de maio, expoñemos os traballos feitos polo noso alumnado durante o curso para que toda a comunidade educativa poida gozar do bo facer dos nosos nenos e nenas.
Debido as obras que tivemos no cole desde o mes de xuño, non foi posible facer a exposición e quedou aplazada para outubro.
Agora mesmo na entrada do colexio están expostos todos os traballos e os xogos feitos o curso pasado.
Non deixedes de vela! De verdade que paga a pena!!!


RECREOS DE CONTO

A semana pasada inauguramos a actividade "RECREOS DE CONTO" na que os axudantes de Papirus escollen e preparan un contacontos para os seus compañeiros/as do cole, que despois len ou representan durante o recreo.
Empezaron Jessica e Luna de 6ºA co conto "COCORICO". Sentimos non ter unha foto delas, a próxima vez non nos esqueceremos de facerlla.
Esta semana foi o turno de Pablo e Alejandro Juncal de 6ºB co conto "OS TRES BANDIDOS"


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro ademáis de ser o Día das Bibliotecas Escolares é o aniversario de alguén moi especial para nós "PAPIRUS" a nosa mascota. Dende setembro do curso pasado andaba de viaxe, percorrendo mundo. Visitou varios paises desde onde nos enviaba cartas e postais.
Xa tiñamos moitas ganas de que voltara ao seu recuncho para vixiar as nosas lecturas!!!
E ... chegou canso pola longa viaxe pero cheo de ilusión e moitas ganas de ver a todos os rapaces e rapazas da Pedra. Menuda sorpresa nos dou a todos e todas...
Contounos como lle foi polo mundo, as cousas que aprendeu e os amigos que fixo.




Que ben o pasamos! Aprendimos moitas cousas, gozamos da súa compaña e houbo apertas e lambetadas para todos e todas.