luns, 24 de febreiro de 2014

ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal día como hoxe, 24 de febreiro, nacía en Santiago de Compostela, Rosalía de CAstro, a figura máis insigne das nosas letras.

Para conmemorarlo, este ano, queremos rememorar o seu poema ALBORADA






Vaite noite vai fuxindo
Vente aurora vente abrindo 
co teu rostro que sorrindo
a sombra espanta!!!



Canta,
paxariño canta
de ponliña en ponla
que o sol se levanta
polo monte verde
polo verde monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!...


Canta,
 paxariño alegre,
Canta
Canta! porque o millo medre.
Canta porque a luz te escoite
Canta!
Canta que fuxiu a noite.
Noite escura
Logo ven
e moito dura
co seu manto 
de tristura,
con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal,
sal!...

Que a auroriña
o ceo colora 
cuns árbores 
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño 
de escarlata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.
Sal!

Señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal.
que a luz
do día
viste a terra de alegría,
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

Branca aurora
ven chegando
ás portiñas
van chamando
dos que dormen
esperando o teu folgor!...



Canta,


paxariño canta
de ponliña en ponla
que o sol se levanta
polo monte verde
polo verde monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!...

Cantar 
dos aires
paxariño alegre,
canta, 
canta porque o millo medre.

Cantar 
da aurora
alegre namorado,
ças meniñas dille
que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peiteado,
da gaitiña
acompañado
á porta está!
Xa!...
Se espricando
esprica
que te esprica
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriás,
das dque saben 
ben ruar.

Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba!
Arriba, toleirona mocidad!,
que atruxaremos
cantaremolo alalá!!!...

Este é o noso pequeno homenaxe a Rosalía na entrada do cole, ademais durante esta semana escoitaremos no corredor da biblioteca algúns dos seus poemas musicados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario