O noso club de lectura xa ten padriño. A nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: a de José Manuel Dopazo Entenza, que veu apadriñar o noso Club de lectura.
Durante o encontro, Alba e Roi, alumnos de 6º, foron os encargados de presentar ao autor e de realizar unha interesante entrevista guiada, na que puidemos coñecer mellor o seu traballo, as súas inspiracións e a súa relación cos libros e a lectura.A actividade asistiron os dous grupos de 5º e os dous grupos de 6º, que forman parte este curso do noso club de lectura. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que tivemos a oportunidade de escoitar, aprender e compartir un agradable tempo arredor dos libros.
Como remate e de xeito simbólico, decidimos prantar varias sementes nunha maceta que esperamos xerminen e se fagan grandes como o noso pracer coa lectura.
Moitísimas grazas por vir, José Manuel! Encántounos coñecer o teu traballo e charlar sobre libros contigo. Agardamos volver verte moi pronto no Biblicastelo!



.jpeg)


