Onte o colexio A Pedra despediu a un gran profesional do ensino no restaurante A Centoleira de Bueu.
Á homenaxe non só asistimos os seus actuais compañeiros, senón que foi un punto de encontro para moitos mestres e mestras que nalgún momento da súa vida formaron parte do claustro do centro.
Leva na Pedra uns 32 anos, pero non é salientable a cantidade senón a calidade da súa presenza, tanto profesional como humana.
Son tantos os proxectos de traballo levados a cabo por este home que non nos atrevemos a nomear ningún deles.
Deixa un gran baleiro no centro imposible de encher.
Tod@s te botaremos moito de menos. Ti xa sabes que imos precisar de ti.
Podedes seguir a nova no Faro de Vigo nunha entrevista na que nos fala da súa profesión.
ATA PRONTO, ARTURO!!!
Quixera destacar que o CEIP A PEDRA ten un profesorado de moi altísimo nivel humano e académico que fai que o centro estea na vangarda da educación en Galiza. Como un elemento máis da dinámica de traballo está a coordinación, o esforzo compartido, a análise pormenorizada para axudar e servir mellor ao alumnado, ... (e así un longuísimo etcétera).
ResponderEliminarTodo isto tamén se reflicte no clima de amizade entre o profesorado que fai se me trate con cariño e recoñecemento que eu agradezo de corazón. Un bico a tod@s
Pois a min dame moita pena porque é un profe moi bo e nos ensina moitas cousas sobre a Informática.
ResponderEliminar