Onte 30 de abril, o alumnado de 2º tivo a fortuna de recibir na súa aula nada menos que a LUIS PREG, un impormtantísimo investigador da música, o baile e a tradición oral da nosa cultura!
Falounos da vida de FELICIA DE FOFE, de como, a pesar de marchar moi nova da súa aldea natal, non deixou atrás as cantigas da súa avoa, nin a cabaza que empregaba como instrumento de precusión.
Tamén nos explicou que eran os SERÁNS, onde e cando se organizaban e do papel das mulleres nestas xuntanzas, xa que eran elas as responsables de limpar e arrombar o punto de encontro (que podía ser mesmo nun cortello...!!!); que, habitualmente, os gaiteiros non ían aos Seráns porque eles cobraban por actuar (mesmo nisto se notaban as desigualdades entre homes e mulleres!); que as coplas eran toda unha forma de comunicación e servían para transmitir calquera mensaxe, que eran distintas unhas doutras...
Falounos das cantareiras homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas: AS PANDERETEIRAS DE MENS, ADOLFINA e ROSA CASÁS e EVA CASTIÑEIRA.
Pero non só iso!!! Tocou unha morea de instrumentos do máis curioso, que non eran outra cousa que utensilios de cociña!!! (dúas culleres, un prato esmaltado, unha botella de anís...) A pobreza agudizaba o enxeño e aquelas mulleres eran quen de facer música cos obxectos máis insospeitadaos!!!
Por último, ensinounos a tocar as pandeiretas que constrúimos con cartóns e chapas de botellas nos obradoiros de Nadal!!!
FOI INCRIBLE!!!
APRENDEMOS UNHA MOREA DE COUSAS E PASÁMOLO XENIAL!!!
MOITAS GRAZAS LUÍS!!!
 |
PREME NA IMAXE |