luns, 26 de xaneiro de 2026

FORMACIÓN RADIO ESCOLAR

 O luns e martes 19 e 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar no Bibliocastelocon Gabriel Paz que veu traballar na radio co alumnado de 5º de primaria. 

 Que aprendeu o noso alumnado? Pois primeiro a traballar en equipo e a dar o paso de poñerse á fronte dun micrófono e tamén formáronse nas nocións básicas de radio e podcast, así como das súas diferenzas.
  
Realizaron un guión e a escaleta do programa de radio e aprenderon as nocións básicas sobre a locución e as súas técnicas.

 Practicaron a captación sonora e entenderons os planos sonoros ademais dunhas nocións básicas sobre a utilización dunha mesa de mesturas. 
 
 Gravaron dixitalmente na computadora e editarons cabeceiras, cuñas e fondos musicais.
 

Cales foron os resultados?
O alumnado de 5º-A elaborou un programa deportivo titulado “Os deportistas récord”. O programa
estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste primeiro bloque resúmense xornadas deportivas. Neste caso, o enfrontamento entre o
Bueu Atlético Balonmán e o San Bartolomeu de Moaña.
Bloque 2: Entrevístase a Fran Loira e Elsa Martínez, alumnado do colexio que dedica o seu tempo libre á natación.


O alumnado de 5º-B elaborou un programa musical titulado “Tolos pola música”. O programa estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste apartado o alumnado recomenda cancións ás persoas oíntes.
Bloque 2: O alumnado entrevista a cantantes famosos. Neste caso, dúas alumnas fanse pasar por Karol G e Shakira.