xoves, 30 de abril de 2015

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O 28 de abril  MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ visitou ao alumnado de infantil para falar do seu libro O SOÑO DE ESTHER.

PREME NA IMAXE

martes, 28 de abril de 2015

CONTACONTOS: A NAI DA NAI DA MIÑA NAI

O 23 de abril, os nenos e nenas de 2º curso gozaron no bibliocastelo dun contacontos a cargo de María Carrera e Miguel Condal de Pinga Teatro.


Fixéronnos unha adaptación moi especial do libro " A NAI DA NAI DA MIÑA NAI" de Hércules edicións. 

Achegáronnos ao mundo do Alzheimer dun xeito diferente e amable, desdramatizando esta terrible e triste enfermidade.


Ademais cantaron varias cancións, fixeron números de maxia divertidos e os nenos participaron activamente, sendo en todo momento unha parte importante da actuación.



Para rematar agasalláronnos cun conto máis.

En resumen, foi  unha actuación fantástica, os nenos e nenas pasárono xenial, divertíronse moitísimo. Estamos desexando que volvan outra vez ao noso bibliocastelo con novas historias.


sábado, 25 de abril de 2015

APADRIÑANDO E AMADRIÑANDO LECTORES

Empezan os primeiros alumnos/as da Pedra a compartir as súas lecturas favoritas cos compañeiros/as. 
O alumnado de primeiro escolleu o libro "A FUXIDA DO MAR" de Agustín Fernández Paz, un conto que lles trouxeron os Reis Magos e que traballaron durante este trimestre.
Os días anteriores fixeron un barquiño de papel na biblioteca con folios de cores, asináronos e entregáronllos aos rapaces e rapazas de tres anos despois de lerlles o conto. Eles pola súa parte, agasallaron aos seus padriños e madriñas cun colgante moi artístico lembrando a data e cun autoretrato.



Os nenos e nenas de segundo tamén se achegaron ata o cole de infantil para coñecer aos seus afillados/as. 
Compartiron momentos entrañables e fixeron unha bonita amizade grazas aos libros.



Os RAPACES E RAPAZAS DE TERCEIRO  tiveron doble sesión cos nenos e nenas de sexto de Educación Infantil e cos de SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:



domingo, 19 de abril de 2015

TERESA ZATARAÍN

O 18 de abril TERESA ZATARAÍN, autora do conto SIN MIEDO A DECIR TE QUIERO, visitou aos rapaces e rapazas de infantil para falarlles do seu libro.
PREME NA IMAXE

mércores, 15 de abril de 2015

ABRIL, LIBROS MIL

PREME NA IMAXE

Como xa saberedes, abril é moi especial para as BIBLIOTECAS ESCOLARES por ser o mes dos libros e da lectura. 

Ademais, o día 23 é o sinalado pola UNESCO como o DÍA MUNDIAL DOS LIBROS E DOS DEREITOS DE AUTOR. 

No bibliocastelo vimos de recibir unha CARTA da nosa mascota Papirus na que nos propón varias actividades para os próximos días:

O LIBRO QUE TES AO LADO

"O capitán Nemo non era home de amores, pero algo novo abroiou nel cando Morgana chegou. Había anos que xa non pilotaba o Nautilus, ultimamente prestárallo ao Principiño para ir explorar novos planetas no fondo dos mares. O Principiño tiña facilidade para atopar planetas nos sitios máis insospeitados. Só puxo dúas condicións: que devolvera o submarino co depósito cheo, e que lle quixera. Ás naves hai que querelas para gobernalas como é debido. Agora nada sabía do seu destino, pero chegaran noticias pola Sereiña de que librara ben do pirata Barbanegra. Nemo vivía tranquilo naquel andel dunha biblioteca con Morgana ao seu carón. Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".                                                     María Solar


  • Proponnos unha nova actividade artística relacionada coa fotografía na que todo o alumnado e mestres poden participar.
  • Convídanos a participar nas sesións  "COMPARTINDO LECTURAS" que xa van pola terceira edición.
Por outra banda, todos os cursos están xa preparando os APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS escollendo as súas lecturas preferidas para compartir.
Tamén agardamos nos próximos días varias visitas no bibliocastelo e algunha animación.

domingo, 12 de abril de 2015

CIRCUITOS CON ARTE

O rapaces e rapazas de 6º convertéronse en científicos e artistas e elaboraron  uns circuitos eléctricos moi artísticos poñendo en práctica o aprendido na materia de Coñecemento. A súa creatividade deixounos a todos abraiados coas OBRAS DE ARTE que forman parte, dende hai uns días,  dunha exposición na entrada do cole: 

O ARCO DE TRIUNFO
A ESTATUA DA LIBERDADE NO PLANETA DOS SIMIOS
UN TEATRO
A NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH
O DRAGÓN DE GAUDÍ
O FARO DE CABO HOME
O CINE DE SEIXO (MARÍN)
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE TOKYO

A TORRE DE PISA
XOGO PINTURAS E AUTORES
MUSEO POP ART
O COLISEO ROMANO

xoves, 9 de abril de 2015

POEMAS DE CORES

Para conmemorar o 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, escollemos da biblioteca dous libros relacionados coa arte:

Despois de lelos con moita atención e comentalos, o alumnado de segundo de primaria decidiu crear os seus propios poemas xogando coas cores e as sensacións que nos transmiten.



sábado, 21 de marzo de 2015

POESÍA E ARTE. OH, AS CORES!

Texto de Jorge Luján e ilustracións de Piet Grobler


Versos para enaltecer a beleza que nos rodea: o ceo, os froitos, os astros, a natureza... Un pracer para a vista e unha fonte de evocación para os demais sentidos.




O BEIXE 
adurmiñou na area
de tanto que o arrolou
a marea.

O AZUL 
está sempre arriba,
agás nalgunhas flores
e nos ollos da meniña.

A cor ROSA
fai o mesmo cás rosas,
perfuma
ata as máis pequenas cousas.

O AMARELO
roda polo ceo
coma umha moeda
de ouro morna.

Nunha pequena semente
cabe todo o VERDE,
cabe o trevo, cabe a ceiba,
cabe a selva enteira.

Ai!, LARANXA,
pequeno sol do horto,
dirán que te comín
e será certo,

Unha brasa acesa
pousou sobre o albedro.
Quen canta?
O VERMELLO.

O MARRÓN 
é un coco á deriva
ou un penedo
cun antílope encima.

Viu unha lagoa,
viu unha flor,
viu o solpor,
VIOLETA!

A noite vestiu
o seu traxe NEGRO
para que luzan máis belos
os ollos do universo.

Abre e pecha o seu abano
a lúa, moi paseniño:
BRANCO,
branquiño.


venres, 20 de marzo de 2015

ROSALÍA EN IMAXES

Na entrada do cole podemos ver unha pequena exposición das diferentes imaxes de Rosalía de Castro ao longo do tempo, baseada no libro "ROSALÍA DE CASTRO, IMAXE E REALIDADE" de Fernando Pereira Bueno (Xerais) e que se pode atopar na biblioteca.

Os seus rasgos máis característicos aparecen sempre, aínda que interpretados de diferentes maneiras segundo os artistas, dende fotografías antigas ata a versión Pop Art, pasando polos retratos e as caricaturas.


As imaxes dende a súa xuventude ata agora foron convertindo a esta muller defensora da súa dignidade e da súa lingua nunha icona da cultura galega recoñecida a nivel universal.







luns, 16 de marzo de 2015

PREMIO FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES

As BIBLIOTECAS ESCOLARES de Galicia estamos de noraboa.

"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan  grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares,  e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura".

No  PORTAL EDUCATIVO tamén se pode ler esta nova, despois de que o conselleiro de Cultura e Educación recollese o galardón,  outorgado pola Asociación Galega de Editores, o venres 13 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra, .

O director de Xerais, Manuel Bragado, tamén se fai eco da nove na súa páxina BRÉTEMAS. 

martes, 10 de marzo de 2015

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado venres, 6 de marzo, foi un día realmente especial para nós. O CIM do Concello de Bueu celebraba a entrega de Premios do IX concurso de viñeta e ilustración baixo o lema "A igualdade no traballo" que organiza cada ano con motivo do Día Internacional da Muller.
A nosa escola xogou un papel relevante nesta gala: 
Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo de 6ºA gañou o primeiro premio e Inés Brión Martínez, de 5ºA e Inés Hermo Sanmartín de 6ºB cadansúa mención especial.




Ademais, correspondíanos a tarefa de levar a cabo a declaración institucional, para o que, as alumnas e os alumnos de 6º prepararan unha actuación dividida en tres partes:

Lara e Xoel deron comezo á nosa intervención compartindo con nós a historia da avoa de Xoel que foi redeira durante a súa mocidade.



Seguidamente, os mozos e mozas de 6º subiron ao escenario para recitaren un fragmento do poema de Elvira Riveiro titulado "As redes de Inés", dedicado a todas as mulleres que, como a avoa de Xoel, foron atadeiras.



Para rematar, Sabela e Jairo explicaron o proceso completo de composición e gravación da "CANCIÓN POLA IGUALDADE" (o alumnado de 6º compuxeron a letra partindo dunha melodía popular)




O sábado, día sete, saímos na portada do Faro de Vigo, en cuxo interior nos dedicaban unha fermosisima crónica a páxina completa!, pola cal queremos darlles as nosas máis sinceras grazas.

Los premiados en el concurso "A igualdade no traballo", durante el acto de ayer. // Gonzalo Núñez
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO XORNAL

martes, 3 de marzo de 2015

ROSALÍA DAS ONDAS DO MAR

Aquí está o vídeo colaborativo (elaborado polo EDL do Sequelo de Marín), no que participamos, xunto con outros moitos centros do Morrazo, recitando o poema de Rosalía "Na lingua que eu falo".

 

luns, 23 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA

O alumnado de Música e Plástica de 4º da ESO do IES Pino Manso (O Porriño) elaboraron un lipdub do poema "Adios Ríos, Adios Fontes..." para conmemorar o Día de Rosalía.

 

Dende o EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) tamén nos chega este precioso video sobre Rosalía...



Para aprender e coñecer mellor a Rosalía visitade estes enlaces:



ROSALÍA SEMPRE VIVA

O 24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA, a nosa máis grande poeta. Para lembrarnos dela, vimos de elaborar na entrada do cole, un mural onde se pode ler o poema de CANTARES GALLEGOS " Na lingua que eu falo"



Ao igual que fixemos o curso pasado, imos participar nunha actividade colaborativa con outros centros do Morrazo que consiste na elaboración dun video conxunto onde o alumnado recita este mesmo poema. En breve publicaremos o resultado. Polo de agora, podemos lembrar o video que se editou o pasado curso co poema: "Alborada"



Aquí tendes o poema completo:  NA LINGUA QUE EU FALO

Cantarte hei, Galicia, 
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si rie,
conmove si chora.

Cal ela ningunha
tan dose que cante
soidades amargas.
sospiros amantes,

misterios da tarde,
murmuxos da noite: 
cantarte hei, Galicia,
na beira das fontes.

Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo.

Que así mo mandaron,
que así mo dixeron...
Xa canto, meniñas.
Coidá, que comenzo.

Con dulce alegría,
con brando compás,
ó pe das ondiñas
que veñen e van.

Dios santo premita
que aquestes cantares
de alivio vos sirvan
nos vosos pesares;

de amabre consolo,
de soave contento
cal fartan de dichas
compridos deseios.

De noite, de día,
na aurora, na sera,
oiresme cantando
por montes e veigas.

Quen queira me chame,
quen queira me obriga;
cantar, cantareille
de noite e de día.

Por darlle contento,
por darlle consolo,
trocando en sonrisas
quiexinñas e choros.

Buscaime, rapazas,
velliñas, mociños,
Buscaime antre os robres.
Buscaime antre os millos,

nas portas dos ricos,
nas portas dos probes, 
que aquestes contares
a todos responden.

A todos, que á Virxen
axuda pedin,
porque vos console
no voso sufrir;

noa vosos tormentos,
nos vosos pesares.
Coidá, que comenso...
Meniñas, ¡Dios diante!