O 20 de maio Anxo González achegouse ao colexio de infantil da Pedra para pasar un bo rato co noso alumnado.
Con el descubrimos o Serpicán e o Gatipedro, dous trasniños máxicos que coñeceu cando era neno e cos que compartiu moitas aventuras;
O 20 de maio Anxo González achegouse ao colexio de infantil da Pedra para pasar un bo rato co noso alumnado.
Con el descubrimos o Serpicán e o Gatipedro, dous trasniños máxicos que coñeceu cando era neno e cos que compartiu moitas aventuras;
Hola amiguiñxs:
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e co gallo da celebración do 50 ANIVERSARIO DO CEIP A PEDRA, o pasado xoves 19 de maio tivemos unha visita moi especial. Lucía Novas, exalumna do cole e poetisa bueuesa, veu visitar a rapazada de 4º, 5º e 6º. Primeiro contoulles as súas lembranzas de cando era nena e do seu paso polo cole. Quedou abraiada do cambiado que estaba. Por certo, encantoulle a miña casa, o Bibliocastelo! Logo faloulles da súa faceta como escritora, dos catro libros que ten publicados "Neve", "Epiderme de estío", "Cervatos" e "Violetas no asfalto", que recollen fermosos poemas, algúns dos cales lles leu ao alumnado. Foi un momento moi especial. Ollade!
A rapazada de sexto despois de charlar con ela, fíxolle unha entrevista na radio. Escoitade!
Como todos os anos durante o mes de maio levamos a cabo o concurso QUE SABES DE...? dedicado ao homenaxeado FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, Cada semana había unha proposta de pregunta e o alumnado podía participar escribindo a resposta nun papel que depositaba na furna colocada na entrada do cole. Os martes, unha man inocente escollía os gañadores/as comprobando que a resposta fose correcta.
Os nomes dos gañadores de cada semana expúñanse nun cartel na entrada do cole á espera de recibir o seu agasallo na entrega de premios que se levará a cabo nos últimos días de clase.
1º PREGUNTA
Quen será homenaxeado este ano o día das Letras Galegas?
· Laura Vilas 1ºB, Sara Barros 2ºA, Yerai Otero 2ºB, Javier Girón 3ºB, Saray Martínez 4ºB, Antón Ríos 5ºB, Pablo Estévez 6ºA.
2º PREGUNTA
Cando e onde naceu Florencio Delgado Gurriarán?
· Iria Malvido 1ºA, Julia Älvarez 2ºC, Leire García 3ºA, Alba Campos 4ºA, Mateo Barciá 5ºA, Natán Recamán 6ºB.
3ª PREGUNTA
Escribe o nome de dous libros escritos por Florencio M. Delgado Gurriarán
Lucía Fiel 1ºA, Mariña Castiñeira 2ºA, Paula López 2ºC, Noa Gallego 3ºA, Iker Martín 4ºB, Irene Árias 5ºA, Pedro Corredoira 6ºA.
4ª PREGUNTA
Como se chamaba o barco no que marchou a México?
Claudia Vidal 1ºB, Daniel Piñeiro 2ºB, Ana Martínez 3ºB, Iker González 4ºA, Carmen Castro 5ºB, Aroa Taeger 6ºB.
Nas aulas realizáronse unha chea de actividades para coñecer mellor a Florencio Delgado, lecturas, xogos interactivo...
O venres 13 de maio xuntámonos no patio da escola para celebrar un pequeno acto no que o alumnado recitou poemas de Florencio Delgado, cantamos a canción do 50 aniversario, o alumnado de 5º e 6º interpretou varias melodías coa frauta e despedímonos entonando o HIMNO GALEGO.
Hola amiguiñxs:
Estou moi contento. Xa me informaron que o Festival ART FOR CHANGE foi todo un éxito. Grazas aos cartos conseguidos poidestes apadriñar a balea. Por certo, encántame o nome que saiu elexido: UDRA. Un nome fantástico para unha balea!
Os meus amiguiños e amiguiñas de 5º de infantil querían coñecer mellor a súa vila e decidiron facer un proxecto sobre BUEU.
A aventura comezou cando recibiron unha misteriosa CARTA
A continuación, puxéronse a pensar en todas as persoas que xa pasaran polo noso colexio nestes 50 anos comos os mestres/as, nenos/as, papás e mamás... Preguntáronse CANTA XENTE VIVIRÍA EN BUEU e puxéronse a investigar para averigualo.
Uns días despois, regaleilles uns obxectos que lles podían axudar a coñecer mellor a súa vila e como son moi curiosos rapidamente se puxeron a pescudar que significaban. Enseguida ataron cabos e remataron contactando co CONCELLO DE BUEU para obter máis información e incluso se animaron a visitalo.
Xa no mes de marzo e seguindo co seu proxecto, os trasniños e trasniñas descubriron a MATILDE BARES a través desta pequena biografía.
Tamén descubriron que en Bueu hai moitas praias e incluso escolleron a súa favorita e fixeron unha pequena excursión moi ecolóxica na que recolleron o lixo para dexar ben limpa a PRAIA DA BANDA DO RÍO.
Finalmente, os trasniños e trasniñas souberon que en Bueu hai un museo moi importante: O MUSEO MASSÓ e decidiron que o ian visitar para descubrir que segredos agochaba. Polo camiño fixeron dúas pequenas paradas nos seus parques favoritos.
Xa coñecedes a canción do 50 Aniversario de A Pedra? A letra e música foi composta for KÓKITI MÚSICA e a interpretación é do profesorado e alumnado do noso colexio baixo a batuta de Rosa Louro, a nosa intérprete de signos.
Pasámolo xenial practicando e como aínda non nos podíamos xuntar cos compañeiros/as doutros cursos tivemos que gravar por aulas pero creo que o resultado pagou a pena.
Quedounos tan chulo que decidimos presentalo ao concurso " Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. FAPXG
Non quedamos entre os gañadores pero non nos importou porque gozamos moitísimo aprendendo a lingua de signos.
Este último sábado do mes de abril celebrouse na nosa vila o I Festival Artístico Solidario Art for Change, organizado polo IES Johan Carballeira. Este festival ten como obxectivo principal lograr cambios sociais a través da arte. Esta primeira edición tivo como tema central o coidado do medio ambiente, en especial do océano, polo que os fondos que se recadaron están destinados á asociación BDRI a través do apadriñamento dunha balea. Os asistentes votaron para elexir o nome de dita balea. O máis votado foi "Udra".
Ademais, conmovidos pola guerra en Ucranía, van colaborar con Pallasos sen fronteiras, unha ONG que apoia emocionalmente a poboación afectada por conflitos armados ou catástrofes naturais.
Participaron neste festival centros educativos e asociacións culturais da contorna (Bueu, Cangas, Pontevedra,...). Ademais das actividades que se realizaron nos diferentes stands da carpa, instalada na Praza Massó, houbo outras actividades como concertos , exhibicións, obradoiros..., que se realizaron en diferentes lugares da nosa vila. O noso cole participou cun stand chamado "Os amigos de Papirus" no que se venderon produtos (pendentes, chaveiros, colgantes, xabóns, marcapáxinas...) relacionados co mar, que realizou todo o alumnado. Este stand estivo atendido e coordinado, sobre todo, polos axudantes de Papirus. Foi un éxito! Vendeuse todo!

Nesta data tan especial e significativa o Bibliocastelo énchese de actividades, visitas e lecturas.
CONTOS DO AVÓ ANXO: o avó de Aldán de 1º achegouse á nosa biblioteca para contarlles aos rapaces de 1º e 2º ás historias de agora e de antes. Se queredes saber máis desta interesante visita premede na seguinte imaxe.
Durante o 3º trimestre organizamos unha exposición fotográfica e documental para conmemorar o 50 aniversario da nosa escola baixo o lema "A PEDRA A TRAVÉS DO TEMPO" Convidamos a toda a Comunidade Educativa a visitala en horario de tarde de luns a venres de 16h a 18h.
Na exposición tamén tiveron o seu lugar as revistas publicadas ata o de agora na escola, dende as primeiras EL CHURRO, NUESTRA VOZ , O CANDIL, ANACOS ata as últimas do TINTEIRO DE PAPIRUS.
Noutro recuncho espuxemos as axendas que levamos facendo dende hai máis de 10 anos, sempre relacionadas co proxecto da biblioteca e algunhas das cartas que Papirus escribe aos rapaces e rapazas para presentar o curso.
Tampouco podía falta a nosa mascota PAPIRUS e todas as súas imaxes e logos:
As imaxes foron gravadas tamén nunha presentación que se proxecta dende un equipo que instalamos no interior da biblioteca.
Ola amiguiñxs:
Vouvos contar e amosar un proxecto interesantísimo que realizou a rapazada de terceiro. "Bueu, a nosa vila" este é o título do mesmo.
Durante varias semanas estiveron traballando arreo. Buscando información, contrastando datos... No seguinte vídeo podedes observar como foi o proceso inicial do proxecto.
Na procura de datos contaron coa gran axuda de Arturo Cidrás, avó de Carmen, Martín e Juan e exprofe do cole. Arturo é unha importantísima fonte de información, xa que ten feitos numerosos traballos sobre a nosa vila.
Co gallo do 50 aniversario do noso centro, este venres o alumnado de 3º e 4º recibiu a Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º.
Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet :
https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada
O 30 de maio Paco Nogueiras visitou ao alumnado de infantil. Chegou co seu acordeón e unha maleta chea de libros e marabillosas historias que contar.
Cantamos, contamos e fixemos ritmos. Houbo moita diversión, foi unha visita máxica.
O venres 25 de marzo tivemos o pracer de recibir no Bibliocastelo á unha das nosas escritoras favoritas: Ana Alonso.
Este trimestre, o alumnado de 3º de primaria leu o seu libro MISIÓN TIERRA 5. Encantoulles!!!
E o alumnado de 4º de primaria o libro de poemas: OLOR A MAR, SABOR A CHOCOLATE que lles gustou motisimo!
Contounos moitas anécdotas de cando era nena. Díxonos que sempre lle gustou ler e que a súa casa estaba chea de libros. Cando tiña, máis ou menos a nosa idade empezou a escribir poesía. Era unha nena moi tímida e escribir permitíalle desfogar todas as súas emocións. Escribía para ela, ata que un día se atreveu a presentarse a un concurso e gañou. Iso doulle seguridade en si mesma.
Na actualidade leva escrito máis de 200 libros...
Ana, leunos algún dos seus poemas, pero cando se enterou que nós tamén recitabamos e que fixeramos un recital de poesía pediunos que foramos nós quen llo fixeramos a ela. Asinou todos os libros, incluído os dous libros que fixemos despois de ler o libro. Gustounos moito a súa visita e quen sabe, ao mellor temos algún ou algunha futura escritora! Porque o que sí xa temos é ARTISTAS!
MOITAS GRAZAS ANA!!!