O 7 de febreiro o profe Arturo Sánchez, historiador e documentalista, veu a nosa biblioteca para falarnos das romarías de Bueu.
Empezou aclarando o significado da palabra ROMARÍA dende o punto de vista etimolóxico e dixo que unha romaría é unha viaxe, un camiño.
Logo comentou que as romarías existen dende moi antigo como está documentado nas cantigas dos xograres e que normalmente non tiñan connotacións relixiosas, pero a medida que o cristianismo foi medrando en occidente, co camiño de Santiago tamén se introduciron os ritos católicos e nos espazos de celebración se construíron ermidas ou capelas.
Ademais, explicou que en Bueu conmemóranse diferentes romarías, cada unha delas ten un santo ou unha santa á que os seus fieis veneran: San Amedio, Santa Efixenia, SAntos Reis, Santiago de Hermelo... pero todas teñen en común a parte pagá de actividades populares e tradicionais, comidas campestres, reunións familiares e de amigos, xogos, actuacións de grupos, de música tradicional, bandas e actos culturais...
Por último, centrouse máis na Romaría das Letras Galegas que se celebra en maio en San Amedio, pois o alumnado de 1 e 2º teñen que investigar os aspectos principais que definen esta romaría.
O martes 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e da Nena na Ciencia para darlle visibilidade e recoñecer o papel das mulleres no campo da ciencia e da investigación.
O alumnado de 3º de primaria investigou a varias mulleres científicas. Para rematar o seu proyecto foron á radio para gravar o resultado das súas pesquisas.
O xoves 13 se Febreiro un grupo de axudantes de Papirus de 6º representou ante o alumnado de 1º e 2º o conto “MARUXA” da editorial OQO
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día…
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Foi un rato moi divertido xa que o fixeron moi ben. Aquí vos deixo algún momento da súa actuación.
Sabedes que o que máis me gusta neste mundo son os libros e para contaxiarvos o gusto pola lectura quere compartir con vós esta presentación coas novidades que veño de adquirir para o Bibliocastelo. Agardo que vos gusten moito!!!
Este mes de novembro imos celebrar, como vimos facendo dende hai anos. o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Para iso encheremos o noso espazo científico de aparellos e experimentos. Como nos gusta a ciencia!!!
Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos achegan o MANIFESTO de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e que foi Premio Nacional de Investigación no 2023.
Preme no logo e nas ligazóns
Ademais un folleto con información sobre distintos obradoiros e seminarios que se van levar a cabo durante este mes
Estou moi contento e agradecido por todas as visitas que recibín nesta semana, Como me gusta que veñades ao meu Bibliocastelo!!!
Para quen non o saiba, explico brevemente en que consistiu a actividade coa que me agasallastes: o alumnado de primaria organizou apadriñamentos lectores, pero no lugar de contar os contos, escenificaron as historias aos compañeiros/as máis pequenos., coma se fosen actores e actrices, Algúns cursos, incluso se desplazaron ata o cole de infantil para acompañar ao alumnado na viaxe ata o Bibliocastelo.
Tamén descubrín que sodes uns e unhas grandes artistas, Que representacións tan marabillosas puiden presenciar!!!
Para que non vos perdades nada deixo, a continuación, as ligazóns aos blogs de aula, para que poidades ver como viviu cada curso este acontecemento:
Co gallo da celebración do meu aniversario que coincide co Día das Bibliotecas Escolares (24 outubro), achego unha tarxeta virtual para convidarvos a visitarme no meu Bibliocastelo.
Espero que veñades todos e todas!!!
Para comezar a celebración os meus queridos/as axudantes/as de 6º de primaria teñen unha mensaxe para vos:
Pois como dixeron eles e elas xa estamos preparados para comezar o noso proxecto deste ano así que ....
Hoxe, 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras e coma todos os anos queremos homenaxear as grandes escritoras galegas. Por iso coa colaboración dos axudantes preparamos no bibliocastelo unha exposición con libros dalgunhas delas que podedes ler ou levar en empréstito.
Dende Bibliotecas Escolares nos achegan tamén algúns textos de escritoras seleccionados por Ana Iris Simón.
Hoxe o BIBLIOCASTELO abre de novo as súas portas a toda a comunidade educativa. Que ganas tiña de volver a estar con todos/as vos despois das longas vacacións de verán!!!
Os meus axudantes xa están en marcha, empezan os primeiros equipos a traballar.
Tamén empezan os primeiros contacontos e representacións:
E por último, xa está lista a exposición deste ano "QUE SUBA O PANO" con títulos relacionados co teatro e que iremos ampliando ao longo do curso:
Agardo que este comezo sexa unha gran representación para todos/as porque como dixo o gran poeta Federico García Lorca "O teatro é a poesía que sae do libro para facerse humana"
Agora que está a piques de rematar o curso. quero convidarvos a seguir gozando la lectura e dos libros. Para isto poñemos en marcha o empréstito de verán. Neste cartaz tendes toda a información e se queredes velo mellor, premede na imaxe e ata podedes descargalo.
SE NON PODES VIR NAS DATAS PROPOSTAS FALA CO TEU TITOR OU TITORA OU ACHÉGATE Á BIBLIOTECA PARA FALAR COAS ENCARGADAS E SOLUCIONALO.
Co gallo do noso proxecto sobre as Olimpíadas, recibimos unha visita moi especial; varias adestradoras e varios deportistas do CLUB TAMIAR de Vigo. Ensináronnos que é o deporte adaptado, concretamente dúas disciplinas que practican no seu club:.
O BOCCIA, deporte paralímpico moi similar á petanca. Xógase por equipos e gaña o que logra máis puntos ao achegarse o máximo á bóla branca.
O SLALOM, xogo no que hai que superar distintos obstáculos sentados en cadeira de rodas no menor tempo posible e sen tirar ningún bolardo.
Resultou moi divertida e aprendemos que é posible practicar deporte máis aló das dificultades e das barreiras.
Hoxe visitou o noso Bibliocastelo Anxo González Guerra, avo do noso compañeiro Aldán, e contador de contos antigos, dos que se contaban ao carón das lareiras no inverno.
O mércores 8 de maio, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º participou nunha actividade deportiva moi divertida e instutiva da man da Asociación Pho3nix Kids da que é embaixador Javier Gómez Noya. O obxectivo era fomentar a diversión a través do exercicio físico coa práctica do Triathlon.