sábado, 9 de febreiro de 2013

UN ENTROIDO DE CONTO

Xa levabamos varias semanas preparando o entroido. Pensando no traxe, nas cancións ... Foron días de moito traballo e ilusión. Aproveitamos para agradecer a colaboración das familias. 
PREME NA IMAXE
Ao longo de toda a semana fomos quentando motores de cara ao Entroido, así:
O luns pispireto
píntome o careto.
E todos e todas chegamos ao colexio coa cara pintada, cada un ao seu xeito. Pero isto non quedou aí:
O martes atrevido
un gorro divertido.
Que gorros máis chulos trouxeron algúns e algunhas! 
O mércores saboroso
algo no pescozo.
Menudas pintas empezábamos a ter xa, coa cara pintada, o gorro na cabeza e as bufandas, colares, garabatas... Pero aínda foi mellor ao día seguinte:
O xoves do revés 
trae algo nos pés.
Que divertido! Co calzado ou os calcetíns ao revés, un de cada cor. E por fín chegou o día:
O venres alegre e festivo
disfrázome e desfilo.

Este ano nos puxemos todos de acordo para vestirnos coma as personaxes dos nosos contos clásicos favoritos. E cos nosos flamantes traxes, saímos á rúa para comezar a celebración do Entroido co tradicional pasarúas que percorre o pobo ata o Concello. Coma sempre a nosa mascota PAPIRUS ía abrindo camiño.



Os máis pequeniños de tres, catro e cinco anos ían guapísimos cos seus traxes dos TRES PORQUIÑOS:

PREMEDE NAS IMAXES

Os rapaces e rapazas de primeiro levaban o seu traxe de PINOCHO e as mestras de GEPETTO.



Uns PETER PANS e unhas CAMPANIÑAS de segundo curso perseguidos por un improvisado  CAPITÁN GARFIO e o seu perigoso crocodilo. 



No segundo ciclo as nenas eran unhas BRANCANEVES moi especiais, os nenos ANANIÑOS e as mestras eran as malvadas MADRASTRAS.



O terceiro ciclo viaxou con ALICIA ata o país das marabillas. Non faltaba ninguén: O SOMBREREIRO TOLO, O COELLO, OS NAIPES, A RAÍÑA E O REY DE CORAZÓNS.




E despois do desfile o noso amigo o crocodilo agasallounos cuns doces, aínda que foi un pouco perigoso conseguilos. Que ben o pasamos! 




E para rematar, como en toda boa festa de Entroido,  non podían  faltar as filloas, as orellas e as flores.




Espero que sigades gozando do Entroido uns días máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario