sábado, 24 de abril de 2010

DANIEL NESQUENS VISITA O BIBLIOCASTELO

Que mellor maneira de celebrar o 23 de abril "Día do Libro" que recibindo no noso bibliocastelo a Daniel Nesquens.
Este zaragozano divertido e cheo de enxeño encandilounos a todos, cativos e maiores, coas súas historias de nubes que preparan cafes con tres gotas de leite e madalenas xigantes, que fan caer noivas do ceo, unhas feas e outras guapas. Contos de ras que non se converten en princesas senón en conductores de autobús.
Confesounos que andivera un pouco preocupado "coa cabeza gacha mirando ao chan" pola nube volcánica que paralizou os aeroportos esta semana pero que el era un experto en nubes volcánicas sabía que... "nube escríbese con "b" e volcánica con "v" e que van recheas de pedaciños de chocolate coma os xeados, que se a xente sacara a cabeza pola fiestra dos avións e se comera un anaquiño podería desaparecer.
Explicounos que os contos Nesquens comenzan cun folio en blanco e van alimentándose do domestico, do que ten ao seu arredor, do absurdo, que están cheos dun humor blanco e surrealista, que con calquera cousa se pode facer unha historia: "O escritor ten que ir coa escopeta cargada por se sae algo e apuntar... (nun caderno, por suposto) para empregalo despois nas súas historias".
Falounos dos seus libros, aínda que di que "os libros hainos que ler, non falar deles".
De "Hasta casi cien bichos", confesounos que era un dos que máis lle gustaba, que é "unha tomadura de pelo", un bestiario medieval onde retrata bichos dunha forma divertida.
De "Marcos Mostaza" dixo que o seu preferido era o número catro, onde empezan as aventuras de verdade e o seu personaxe favorito o avó porque é un completo disparate, políticamente incorrecto e moi divertido.
De "Días de Clase" que os personaxes están en orden alfabético e que conta cousas cotiás que poden ocorrer un día calquera nunha aula calquera.
De "Diecisiete cuentos y dos pinguinos" que foi o primeiro libro que escribiu e recomendounos o último "El hombre con el pelo revuelto" que xa recibiu o premio Anaya de Literatura.
A súa imaxinacion e o seu bo humor fíxonos rir e disfrutar duns momentos moi especiais. Dende aquí queremos agradecerlle que nos adicará un anaquiño do seu tempo.

2 comentarios:

  1. La visita de Daniel Nesquens fue muy agradable y divertida por su manera de contar las cosas.
    LARA

    ResponderEliminar
  2. Ola Papirus e resto do equipo desta biblioteca tan fermosa que tedes. Na nosa (Blogfesquío) tamén temos esta obra e gustaríanos traer tamén a Daniel. Como conseguiches a visita? Foi pola vosa conta o a editorial Anaya volo trouxo?

    Un bico

    Begoña (www.blogfesquio.blogspot.com)

    ResponderEliminar