martes, 21 de decembro de 2010

OBRADOIROS DE NADAL

O venres 10 de decembro, aproveitando a semana da ponte, levamos a cabo os xa tradicionais OBRADOIROS DE NADAL. Cada ciclo foi pasando, por turno, polos catro talleres que organizan os especialistas do cole e algunhas mamás dos máis pequenos/as.
A continuación poderedes ver a distribución por ciclos e un pequeno resumo acompañado das fotos de cada obradoiro.
  • OBRADOIROS DO PRIMEIRO CICLO
OBRADOIRO PLÁSTICO
Como todos os anos preparamos o noso Belén de plastilina coa axuda das mamas dos nenos e nenas do primeiro ciclo. Que bonito quedou na entrada principal do noso cole!!!


OBRADOIRO DECORATIVO
A profe Lina ensinounos a facer estrelas para decorar o fondo do Belén de plastilina. Tamén fixemos as letras que podedes ver na entrada do cole, encima do Belén.


OBRADOIRO BILINGUE
Aprendemos coa profe Marina vocabulario en inglés sobre o Nadal, despois xogamos coa pizarra dixital e por último coloreamos uns debuxos para facer un mural que xa decora o corredor do 1º ciclo.



OBRADOIRO RECREATIVO
Coa profe Geli fixemos un mural precioso dun barco, que fomos enchendo con noces. Tamén pintamos letras e debuxos de animais para completar o mural.




  • OBRADOIROS DO SEGUNDO CICLO
OBRADOIRO DECORATIVO
Coa profe Carmen decoramos unha árbore de Nadal cos nosos mellores desexos para o ano que vai vir. Quedounos chulísima!!!




OBRADOIRO RECREATIVO

Moitos xogos e diversión no ximnasio coa profe Bea. Que rapaces/as tan habilidosos e que ben o fixeron!!!




OBRADOIRO MÁXICO
Como xa ven facendo desde hai uns anos, O Mago Ramón fíxonos pasar un rato moi divertido cos seus trucos de maxía na sala de usos múltiples.



OBRADOIRO BILINGUE
Hannah ensinounos vocabulario en inglés, relacionado co Nadal, xogando a un Bingo moi especial,
onde os números eran imáxenes.


  • OBRADOIROS DO TERCEIRO CICLO
OBRADOIRO RECREATIVO
No patio cuberto xogamos, con Goretti, en dous equipos a ver quen era quen de poñer máis prendas de roupa enriba.



OBRADOIRO DECORATIVO
Con Elena, na ludoteca, fixemos unhas postais de felicitación de Nadal que puxemos na cristaleira da entrada do cole, onde todo o mundo as puidese ver.



OBRADOIRO MUSICAL
Na aula de música bailamos a Danza dos machetes con Nuria, a profe de música. Pasámolo en grande!!!



OBRADOIRO LITERARIO
Xogamos na biblioteca, con Luisa, seguindo pistas para descubrir mensaxes secretas nos libros. Demostramos que somos bos e asiduos lectores e que coñecemos os libros que hai na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario