O día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e dentro das actividades programadas festexamos o Aniversario da nosa mascota. PAPIRUS veunos visitar e contounos que antes de chegar á nosa biblioteca vivía nun castelo feito de rochas negras que estaba no fondo do mar.
Falounos dos seus amigos e amigas: o choco, a lura e como non, a Meiga Cocorola.
Pero o que máis lle gusta son os libros e o seu cheiriño a aventuras, a imaxinación e a diversión. Encántalle vivir aquí pero cando chega o verán abúrrese moito porque queda só. Por iso o pasado mes de xullo puxo rumbo ao leste e chegou ata Turquía, onde visitou moitos lugares que nos amosou en fotos e fixo moitos amiguiños e amiguiñas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario