mércores, 4 de xaneiro de 2012

2012 ANO CELSO EMILIO FERREIRO

Hai cen anos nacía en Celanova o gran poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO (4 de xaneiro do 1912). Este ano con motivo do seu centenario o Parlamento galego declarou o 2012 como ANO CELSO EMILIO FERREIRO con actividades e celebracións especiais dedicadas a conmemorar a figura do escritor. Para máis información preme na imaxe. 




LONGA NOITE DE PEDRA

O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
as portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo 
nesta longa noite
de pedra.

1 comentario:

  1. Grazas polo enlace de Celso Emilio. Parece moi interesante. Leereino con calma.

    ResponderEliminar