venres, 1 de novembro de 2013

MIGUELANXO PRADO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC


Miguelanxo Prado, nado na Coruña, ven de ser distinguido co Premio Nacional de Cómic 2013, concedido polo Ministerio de Cultura. 
Primeiro galego en conseguir este galardón, é, hoxe en día, un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic. 
Autor de obras como "TRAZO DE TIZA"  e a serie de historietas "QUOTIDIANÍA DELIRANTE". Esta última foi considerada mellor obra nacional no pasado salón do cómic de Barcelona.

O xurado destacou o carácter poético da súa obra ARDALÉN, unha mestura de sono e realidade, de memoria e de esquecemento. Estas son as claves, xunto coa mestría técnica no uso do color, deste autor galego, moi recoñecido no estranxeiro. 
ARDALÉN é a historia das raíces de Sabela, que regresa ao pobo natal do seu avó para tratar de reconstruír o seu pasado, a súa vida. O seu avó emigrara nos anos trinta as Américas e desde entón, non se volveu saber nada del. Sabela ponse en contacto con Fidel, o único nexo co seu avó desaparecido.

Preme nas imaxes para obter máis información sobre este escritor e ilustrador galego de banda deseñada e cómics e a súa obra.

1 comentario:

  1. Encántame Miguelanxo... Teño un libro del "Papeles Dispersos" que está xenial!!! están todos os seus bocetos de debuxo. Miña nai ten o de "Ardalén" E buenoo... o leu en menos de un día... Estan xenial, volos recomendo!!! :-))

    ResponderEliminar