Hoxe tivemos a fortuna de contar con ANTONIO SEIJAS no Bibliocastelo.
Falounos de "CARTAS DE INVERNO" libro de Agustín Fernández Paz que el ven de adaptar a banda deseñada e que o noso alumnado de sexto estivo lendo este curso.
Aprendemos algúns trucos sobre as cores e a súa importancia na ilustración porque son unha ferramenta que se debe aproveitar ben. As cores transmítennos a atmosfera, a ambientación da historia e incluso os sentimentos ou os estados de ánimo.
Antes de rematar agasallounos cun marabilloso debuxo no que se reflexa unha escena do libro.
Aquí está o resultado final con dedicatoria e todo.
MOITAS GRAZAS ANTONIO polo teu tempo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario