sábado, 25 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Como todos os anos o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Bueu  , convocou o XV Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero. Do noso colexio participou todo o alumnado de 5º e 6º de primaria. Recibiron mencións especiais : Noa Gómez Cabaleiro de 6ºA


Tamén Eloy Alfaya Portela de 5ºA


E o outro galardoado foi Anxo Rodríguez Juncal de 5ºB


Onte tivo lugar no Centro Social do Mar a entrega de premios. Noraboa a todos os gañadores e gañadoras e a todos os participantes!   



Ningún comentario:

Publicar un comentario