Co gallo do tema deste curso, a alimentación, os nenos e nenas de quinto ano de Educación Infantil, os PELOURIÑOS e PELOURIÑAS, fixeron un fantástico traballo sobre o artista italiano Giuseppe Arcimboldo. Este famoso pintor empregaba froitas, verduras, flores e animais para representar rostros humanos.
Unha vez que remataron o proxecto, quixeron compartilo cos nenos e nenas de cuarto. Realizaron unha magnífica presentación no Bibliocastelo, empregando como banda sonora "As catro estacións" do compositor italiano Vivaldi.
Se queres comprobar o ben que o fixeron, preme na seguinte imaxe.
Noraboa Pelouriños e Pelouriñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario