O Bibliocastelo sae nos xornais e no Portal de educación da Xunta de Galicia, xa que onte foi a inauguración oficial!
Despois de tantos meses de traballo, por fin a nosa biblioteca abre as súas portas, para que todos os membros da comunidade educativa poidamos gozar das súas instalacións.
Pinchade nos seguintes enlaces para ler as noticias.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26790https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/01/14/colegio-pedra-estrena-nueva-biblioteca/2032788.html
https://pontevedraviva.com/xeral/51584/conselleira-educacion-bibiloteca-escolar-ceip-plurilingue-apedra-bueu/
Para este evento contamos coa presenza de importantes autoridades do mundo do ensino, da cultura e da política como a Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar; o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Ed., D. José Manuel Pinal; o Xefe Territorial, D. César Pérez; a inspectora, Dª Adoración de la Fuente; o alcalde do Concello de Bueu, D. Félix Juncal e a Concelleira de Ed. Dª. Teresa López; así como representantes de Bibliotecas Escolares de Galicia, membros da ANPA do colexio, o ilustrador D. Marc Taeger e tamén o cronista da historia da nosa vila, D. Arturo Sánchez (antigo mestre da nosa escola).
Foron os axudantes de Papirus, alumnos e alumnas de 6º, os encargados de levar a cabo unha visita guiada para presentar os novos espazos que forman a biblioteca.
Este labor foi moi aplaudido polos asistentes que mencionaron en diferentes ocasións o bo facer destes mozos e mozas. Víronse especialmente reforzados pola proximidades e calidez coa que a señora Conselleira interactuou con eles ao longo de todo o percorrido, propiciando un clima que lles axudo a diminuír a presión do momento.
Ao remate da visita puidemos escoitar as impresións do alcalde, D. Félix Juncal, que ademais dos seus parabéns polo traballo realizado quixo resaltar a importancia dos nenos e nenas no futuro.
Dona Carmen Pomar salientou a importancia da EDUCACIÓN EMOCIONAL no crecemento persoal e enlazando con este tema, retomou as palabras de Luisa, a nosa directora, como broche do acto e mellor definición para a nosa biblioteca :
"O noso Bibliocastelo é algo máis que un espazo; É UN SENTIMENTO!"
No seguinte vídeo podedes ver un resumo deste acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario