mércores, 19 de xuño de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO


O pasado venres despedimos un ano máis a promoción de mozos e mozas que remataron sexto. Tamén un ano máis, querémolos felicitar a eles e as mestras e mestres que os axudaron, polo magnífico espectáculo co que nos agasallaron.
O eixo central de todas as actuacións foi o setuaxésimo aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, tema do noso proxecto de biblioteca deste curso.
Comezaron o festival cunha canción da película "Os nenos do coro" que fai referencia aos nenos e nenas que sofren indefensos a realidade que lles tocou vivir (refuxiados, nenos soldado, nenos e nenas que son explotados...).


Seguiron coa dramatización do poema de Rosalía de Castro "Pra Habana" que nos fai reflexionar sobre o drama da migración.


A continuación cantaron todos xuntos "Sólo le pido a Dios" de Mercedes Sosa, un alegato en defensa da conciencia cívica.



As catro actuacións seguintes atinxían ao respecto á diversidade "This is me", "The greatest Showman", pertencentes a banda sonora da película "The greatest showman", "I want to break free" de Queen e "Iguales" de Javi Mota.














Avanzando na defensa da identidade tocaron coa frauta dous temas, "O himno da alegría" de Beethoven, actual himno europeo e "O son do ar" de Lúar na Lubre.




O último terzo do festival dedicáronllo a figura dos tres precursos do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.






             Como broche final, todos xuntos cantamos o himno galego.



As mestras e mestres do CEIP A Pedra desexámosvos un futuro de éxitos e bonanza no que cadaquén de vós atope o seu camiño cara un desenvolvemento pleno. E sobre todo, lembrade que vos queremos.  





Ningún comentario:

Publicar un comentario