venres, 21 de febreiro de 2020

ENTRA NA ONDA DO ENTROIDO

Co gallo do proxecto que estamos a traballar, este ano celebramos un Entroido radiofónico. Para confeccionar os disfraces non empregamos bolsas de plástico, pois estamos moi concienzados do nocivo que é este material para ao noso planeta. Entón tivemos que botar man da imaxinación e da axuda das familias, que coma sempre nos axudaron a levar a diante esta celebración.
Os cativos e cativas de educación infantil disfrazáronse de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule.


Os de primeiro e segundo ían vestidos e vestidas de músicos de orquestra.


Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto disfrazáronse do grupo ABBA 


E a rapazada de quinto e sexto converteuse en profesionais da radio: locutores, reporteiras...


E por suposto, non podía faltar a nosa mascota Papirus que ía de locutor de radio nunha chulísima carroza que confeccionaron as familias.



Así despois de varias semanas de duro traballo por fin saímos a rúa. Inundamos a vila de colorido, música, ledicia e bo humor. Previamente enviamos un díptico ás familias para informarlles do pasarrúas.
                  

                  
O percorrido foi ata a Praza Massó onde nos reunimos todos para cantar por ciclos as cantigas que estivemos preparando nas aulas. Ollade as letras e vede os vídeos!
                                               



















Cantar abriunos o apetito e con moita fame voltamos para o colexio para degustar as delicias típicas do Entroido (orellas, filloas...) que nos estaban agardando.
Ollade o seguinte vídeo no que se amosa un resumo en imaxes deste divertido día.



Pasámolo xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario