luns, 2 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola amiguiñxs:

Este mes de novembro celebramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO. Este ano o autor do mesmo é  Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Déixovos o manifesto para que o leades.


No Bibliocastelo tedes unha exposición de libros de ciencia en galego moi interesantes. Achegádevos a velos!
Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia publicáronse unha morea de materiais de ciencia. Premede na seguinte imaxe para velos.


Sei que algúns grupos estades facendo experimentos moi chulos. Agardo impaciente as vosas fotos coas vosas experiencias!

Biquiños.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario