domingo, 24 de xaneiro de 2021

24 DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 Ola amiguiñxs:

Hoxe é un día moi importante. É o Día Internacional da Educación. Esta data celébrase dende hai moi pouco tempo, concretamente naceu o 3 de decembro de 2018, cando a Asemblea Xeral da ONU decidiu crear un día internacional para celebrar o importante papel da educación para lograr a paz e o desenvolvemento.

Segundo a UNESCO "A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva". A educación xoga un papel protagonista para conseguir un desenvolvemento sostible, a famosa Axenda 2030. Como moi ben sabedes o proxecto deste curso xira en torno aos 17 ODS. O obxectrivo 4  está dedicado a educación.


No cole ao longo desta semana ides traballar este obxectivo, e a mellor maneira de comezar é  facelo cun libro.

"El lápiz mágico de Malala" conta a experiencia de Malala Yousafzai e a súa loita en prol da educación das nenas. A pesar de ser moi nova, xa leva moitos anos loitando para que as nenas, rapazas teñen o mesmo dereito á educación que os nenos.
Tamén vos aconsello que vexades a seguinte película, para ver as dificultades que teñen moitos nenxs para poder asistir á escola.


Espero que vos guste e vos serva para reflexionar sobre a sorte que tedes.
 A educación é a clave para cambiar o mundo.
Lembrade e ter sempre presente as palabras de Malala:

"Un nenx, un mestrx, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"  

Biquiños e unha forte aperta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario