domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Ola amiguiñxs:

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Bosques para concienciarnos sobre a súa importancia. Os bosques son fundamentais, xa que a sua perda xenera unha gran cantidade de gases que provocan o quecemento global e a perda de biodiversidade. Pero pese aos beneficios ecolóxicos, sociais e económicos que nos dan os bosques, a deforestación continúa a un ritmo sen precedentes. Por iso o lema para este ano é:

" Restauración forestal: un camiño á recuperación e o benestar"

A  restauración e a xestión sostíbel dos bosques axudan a afrontar esta dobre crise: a do clima e a da biodiversidade. Ademais estas actividades xeran bens e servizos necesarios para o Desenvolvemento Sostíbel. O Decenio da ONU sobre a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030) é un chamamento global á protección e recuperación dos ecosistemas. Busca poñer fin a súa degradación e restauralos, para cumprir o obxectivo 15. Ollade o seguinte vídeo!



Sabiades que pasar tempo rodeados de árboes potencia o noso sistema inmunolóxico, reduce a presión arterial e facilita a relaxación? Se queredes saber como os bosques melloran o noso benestar físico e mental, premede na seguinte imaxe!


Xa sabedes, axudade a restaurar os bosques! Plantade árbores!
Biquiños.




Ningún comentario:

Publicar un comentario